Iniciar sesión: Acceso

MOSTRA DE ARTE DE EXALUMNOS E EXALUMNAS DO IES CAMILO JOSÉ CELA. 50 ANIVERSARIO

A partir do martes 5 de decembro e ata o 20 do mesmo mes, convidamos á comunidade educativa a visitar a Mostra Colectiva de Arte, na planta baixa do IES Camilo José Cela. Esta mostra incorpora traballos de alumnado que pasou polo centro nos seus 50 anos de existencia e que desenvolveu unha destacada traxectoria artística. Poderase visitar na planta baixa do IES no horario escolar.

A presentación terá lugar no salón de actos do centro o martes día 5 de decembro, ás 16:30.

CONCENTRACIÓN CONTRA A MATANZA DE NENOS E NENAS EN GAZA

Alumnado e profesorado do IES Camilo José Cela, xunto con membros da corporación municipal de Padrón, encabezados polo alcalde, concentráronse hoxe ás 12:30 no patio do centro. Por iniciativa da Federación de Anpas de Compostela, a comunidade educativa do noso IES posicionouse contra a matanza de nenos e nenas en Gaza, para que cese o fogo e haxa paz en Palestina.

CHARLA SOBRE A CAMPAÑA PARA O CONTROL DA MIOPÍA DA FACULTADE DE ÓPTICA

A Facultade de Óptica e Optometría da Universidade de Santiago ofrece, á comunidade escolar do IES Camilo José Cela e do CEIP Flavia, unha charla divulgativa sobre a campaña para o control da miopía que están desenvolvendo e sobre os servizos que ofertan. Esta campaña ofrece, entre outras cousas, revisións trimestrais completas e gratuítas durante 2 anos, para nenos miopes de entre 7 e 13 anos.

A charla realizarase no salón de actos do IES Camilo José Cela o luns 27 de novembro ás 16:30. Pídese que confirmen asistencia, enviando un correo ao enderezo do centro (ies.camilo.jose.cela@edu.xunta.gal).

A facultade facilita o enlace a un breve cuestionario sobre o coñecemento da miopía, dispoñible no seguinte enlace:

https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=LEUNj6S3ZEm4EIw5c3RHe_pCoQ-kze1LlJH1km_8tqNUNjFWOTZKVlQ0S0dHUFQ2QktBN1QyMTJUMS4u

Tamén poden consultar a infografía adxunta a esta mensaxe, que contén información sobre a miopía.

NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE PROBAS B1, B2 E C1 EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Xa está publicada a Resolución do 29 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/24. Poden consultar o texto da resolución premendo no seguinte enlace.

As persoas responsables legais do alumnado interesado deberán asinar un compromiso de participación e entregalo nas dependencias de administración do centro. Poden descagar o impreso para cubrilo premendo neste enlace.

O prazo de solicitude remata o 6 de novembro.

A convocatoria vai dirixida a alumnado de 4º ESO e de 1º e 2º de Bacharelato. A dotación que outorga a consellaría é de 100 euros por alumno/a e proba.

RECOLLIDA DE TÍTULOS. ANO 2021

Comunicamos que o alumnado que rematase os seu estudos no ano 2021, xa pode pasar a recoller o correspondente título nas dependencias de administración do centro.

PRESENTACIÓNS DE BACHARELATO. LUNS 11 DE SETEMBRO

Organización das presentacións de Bacharelato o día  11 de setembro ás 08:45:

                        1º BAC A: Aula de Física e Química (2º andar)

                         1º BAC B: Salón de actos (planta baixa)

                         2º BAC A: Aula de Matemáticas 2 (1º andar)

                         2º BAC B: Aula de Inglés 1 (1º andar)

            Despois da presentación, o alumnado continuará a súa xornada normal de clases ata a hora de saída.

HORARIO DE PRESENTACIÓNS E COMEZO DAS CLASES. CURSO 2023-2024

  Día 8 setembro venres.

         ▪ 12:00. Presentación de 2º, 3º e 4º de ESO.

                  2º ESO A: Aula de Música

                  2º ESO B: Aula de Tecnoloxía

                  3º ESO A: Aula de Filosofía

                  3º ESO B: Aula de Lingua Española 1

                  4º ESO A: Aula de Lingua Galega 3

                  4º ESO B: Aula de Inglés 1

         ▪ 12:00. Entrega de libros de 2º ESO (Biblioteca).

         ▪ 12:30. Presentación alumnado e familias de 1º ESO (Salón de actos)

         ▪ 12:45. Entrega de libros de 1º ESO (Biblioteca)

 

 Día 11 de setembro luns.

 

        ▪ 08:45 – 14:25. Inicio das clases en horario normal para a ESO e Bacharelato. Funcionamento habitual do transporte escolar.

▪ 08:45 – 09:35. Presentacións de 1º e 2º de Bacharelato. Logo continuarán as clases seguindo o horario normal.

▪ 09:00. Entrega de libros de 3º ESO (Biblioteca)

            ▪ 10:15. Entrega de libros de 4º ESO (Biblioteca)

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS E CHEQUES MATERIAL

Comunícase que están dispoñibles para a súa consulta, no taboleiro do centro, as listaxes definitivas do fondo de Libros de texto. Asemade, os cheques para material escolar poderanse recoller a partir do luns 17 de xullo en horario de 9:30 a 13:30. Lembramos que este curso terá cheque o alumnado ao que correspondan 4 libros ou máis.

 

Distribuir contido