Avda. Ricardo Sánchez, 5 (Pontedeume) 881930435 ies.breamo@edu.xunta.gal

NOVAS

ESTAMOS DENTRO! 

Comezamos un novo curso e queremos darvos a benvida a todos e a todas.

Esperamos que este curso veña cargado de proxectos emocionantes.

Hoxe saíu a resolución do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. 

Os Arcos

A través do departamento de dinamización lingüística, sae á luz a revista Os Arcos, primeiro número con interesantes artigos de alumnado de bacharelato.

Ligazón ao blog de actividades

Camiño solidario

A suma dos cartos aportados por todas as familias en favor da infancia, a través da asociación Save the Children, na etapa do Camiño de Santiago realizado entre Pontedeume e Pontebaxoi,  ascendeu a 1983 euros.

Ligazón ao blog de actividades

Calendario final 2º Bacharelato

CALENDARIO FINAL DE 2º DE BACHARELATO CURSO 2021-22

 

Ultimo día de clase: Mércores 11 de maio.

Realización das probas finais, de recuperación etc., sen clase: Do 12 ao 19 de maio.

Avaliación de 2º de Bacharelato: 19 de maio.

Envío das cualificacións por AbalarMóbil a partir das 20:00 horas.

Entrega das cualificacións por parte dos titores nas aulas o 20 de maio as 10:10 horas.

Presentación de reclamacións ás cualificacións de 2º de BAC no centro e atención das mesmas por parte do profesorado: 20 e 23 de maio.

Prematrícula para as ABAU no centro: 20 e 23 de maio.

Presentación das reclamacións ás cualificacións de 2º de BAC ante a Comisión Interuniversitaria: 24 de maio (antes das 14:00 horas).

Datas das probas das ABAU: 7, 8 e 9 de xuño

Dous premios para os satelites creados polo alumnado do IES Breamo

O pasado 28 de abril, na fase galega do lanzamento de satélites CanSat, promovido pola Axencia Espacial Europea, os proxectos creados por un grupo de doce alumnos e alumnas do noso centro, guiados polo profesorado de tecnoloxía, acadaron dous premios: ao logro ténico e á maior promoción e difusión.

Ligazón ao blog de actividades

Participación do IES Breamo na avaliación de PISA 2022

A Comunidade Autónoma de Galicia participa no estudo principal do Programa Internacional de Avaliación do Alumnado (PISA). Este estudo internacional de avaliación educativa está coordinado pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) e, no relativo a España, polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través do Instituto Nacional de Avaliación Educativa (INEE).

O programa PISA avalía de modo regular os resultados educativos do alumnado de 15 anos en lectura, matemáticas e ciencias, ademais doutras áreas como a competencia financeira e, nesta edición, tamén o pensamento creativo. Este estudo constitúe hoxe en día a máis ambiciosa avaliación comparativa internacional dos sistemas educativos no mundo.

O centro foi seleccionado pola OCDE, entre os centros educativos en que cursan estudos alumnos e alumnas nacidos no ano 2006, para formar parte da mostra do estudo principal PISA 2022.

A aplicación do estudo está prevista entre o 28 de marzo e o 9 de maio de 2022 en todos os centros que forman parte da mostra. Isto supón que os alumnos e as alumnas do centro que sexan seleccionados para participar farán unha proba cognitiva en ordenador sobre lectura, ciencias, matemáticas, competencia financeira e unha área innovadora, o pensamento creativo. A continuación, contestarán un cuestionario de contexto, tamén dixitalmente.

No caso de que o seu fillo ou filla sexa elixido para participar no estudo principal do proxecto PISA, isto non afectará ás súas cualificacións en ningunha materia. Os resultados non se fan públicos nin para alumnos e alumnas nin para os centros educativos participantes no estudo. Todos os datos recompilados son estritamente confidenciais. Pode consultar a política de protección de datos e información sobre o estudo na seguinte ligazón:

https://www.educacionyfp.gob.es/inee/evaluaciones-internacionales/pisa/pisa-2022.html.

Queremos transmitirlle o agradecemento, tanto do ministerio como da consellería, pola participación do seu fillo ou filla neste estudo. Para calquera dúbida ou aclaración de carácter xeral, pode contactar co centro no enderezo electrónico ies.breamo@edu.xunta.gal e no teléfono 881-930435.

No seguinte enlace poderedes atopar probas de outras ediccións liberadas: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35974

A dirección.

Admisión para o curso 2022/2023

  • Presentación da solicitude de admisión:  1-21  de marzo.

Recoller anexo II (ED550B) na secretaría ou cumprimentalo en http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado  

Tamén se pode descargar  de:

http://www.xunta.es/portada  ou http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/35991

Lugar de presentación: na secretaría do centro onde solicita a praza.

Si vostede presenta a solicitude telemáticamente ten a obriga de presentar a documentación tamén na secretaría do centro.
Se o fai a través da Sede Electrónica con certificado dixital ou chave 365, non ten a obriga de presentar a documentación na secretaría do centro.

  •  Coa solicitude, en calquera caso, deberá achegarse a documentación recollida no punto 5 da Orde do 25 de xaneiro:
    1. Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
    2. Documento acreditativo do requisito da idade do/da alumno/a.
    3. Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.
    4. Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio se é o caso.

 

  •  Na mesma solicitude os representantes legais do alumno ou alumna deberán manifestar se desexan ou non utilizar os servizos complementarios.
  • Na solicitude de admisión, concretamente no Anexo II, folla 3, columna “Marcar”, serán os solicitantes os que deben sinalar os conceptos do baremo nos que desexan ser puntuados.
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para  presentar as solicitudes de admisión.
  • Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril. Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación ante o consello escolar .
  • Publicación das listaxes definitivas  de persoas admitidas e non admitidas antes de 25 de maio.

 

NOTA  INFORMATIVA IMPORTANTE:

  • O alumnado  só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en 1º lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Eleccións ao Consello Escolar do Centro. Nais que se presentan como candidatas

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de pais, nais e titores legais do alumnado no consello escolar, a xunta electoral deste instituto fai pública a relación de nomes dos candidatos que se presentan á referida elección.

 Son os seguintes:

  1. Adriana Marcela Cantillo Vallarino. (Enlace de información)
  2. María Rial Barreiro.

Segundo o establecido na normativa vixente corresponde elixir no presente proceso electoral a 1 pai/ nai dun total de tres que conforman o consello escolar.

Un dos representantes no consello escolar corresponde a ANPA.

 O que se fai público para xeral coñecemento.

 

ELECIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2021

ELECIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO 2021

Este curso escolar toca renovar o Consello Escolar do centro.

É moi importante que todos os sectores estean representados, xa que o Consello Escolar é o órgano decisorio da nosa vida educativa.

O calendario aprobado pola Xunta Electoral é o seguinte: Calendario

 

Resumo:

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

IES BREAMO

NOVEMBRO DE 2021

 

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS DO DÍA 8 AO 16 DE NOVEMBRO.

VOTACIÓNS

Votacións

 

ALUMNADO: luns 29, dende as 10:30 ás 12:10 horas.

PROFESORADO: luns 29, ás 12:10 horas.

PERSOAL NON DOCENTE: martes 30,  dende as 14:00 ás 15:00 horas.

PAIS/NAIS: martes 30, dende as 17:00 ás 20:00 horas.

 

MES DE AGOSTO

Durante o mes de agosto a secretaría do IES Breamo permanecerá pechada. No caso necesitar algún documento, certificado, etc. urxente enviade un correo electrónico ao correo do centro ies.breamo@edu.xunta.gal

No correo electrónico debe figurar os teus datos Nome e DNI, e un teléfono de contacto.

Moitas grazas.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer