Avda. Ricardo Sánchez, 5 (Pontedeume) 881930435 ies.breamo@edu.xunta.gal

NOVAS

ESTAMOS DENTRO! 

Comezamos un novo curso e queremos darvos a benvida a todos e a todas.

Esperamos que este curso veña cargado de proxectos emocionantes.

Hoxe saíu a resolución do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. 

25N

No IES Breamo cremos que educar na convivencia, na igualdade, no control emocional e na inclusión é fundamental para ofertar unha formación integral da persoa. 

Con motivo da conmemoración do día internacional da violencia de xénero sensibilizámonos especialmente contra a violencia ás mulleres a través de diversas actividades: concurso de ilustracións, espazo de información e sensibilización (Punto Violeta Arcoíris  - EuroEume), lectura do manifesto (en colaboración co concello de Pontedeume)...

Chapas premiadas:

Andrea Doval (4ºESO A)

Matías Rodríguez (1º ESO B)

 

 

CURSO SOBRE A RADIO ESCOLAR NO IES BREAMO

Hoxe visitou o centro Isidoro Valerio, periodista e presentador do programa Voces de Ferrol, en Radio Voz, para impartir un curso de Radio Escolar. O curso forma parte do traballo do itinerario de Polos Creativos, dentro do Plan de Formación do Profesorado no Centro (CFR Ferrol).

POSTA EN FUNCIONAMENTO DA ESCOLA DE NAIS E PAIS DO IES BREAMO

O IES Breamo conxuntamente coa ANPA APERTA poñemos en marcha a Escola de Nais e Pais.

De que imos falar? De todos aqueles temas que vos preocupan e dos que queirades

Informarvos.
Pois como ben di un proverbio africano, "para educar ben a un individuo precisamos unha tribu, e para educar ben, cómpre unha boa tribu".  Como familias, somos un dos piares desa gran tribu, e través desta escola, coñeceremos moitos temas do noso interese que nos poden facilitar esta tarefa.
Sen máis preámbulos, comunicamos que o 
xoves 24 de novembro ás 18:00 h terá lugar a primeira xuntanza.

Esta primeira xornada estará impartida por ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia) e leva por título O USO E CONTROL DAS REDES SOCIAIS: ADULTOS E ADOLESCENTES NAS TRICS (TECNOLOXÍAS DE RELACIÓN, INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN).

 

BOLETÍN INFORMATIVO

CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA POR FORMULARIO

 

ESTAMOS DE VOLTA

Comeza a campaña de captación de socios e socias da ANPA APERTA do IES BREAMO.

Co desexo de integrar nesta comunidade a todas as persoas interesadas na educación dos seus fillos e fillas, facemos unha chamada para ter máis forza de representación.

Desde a ANPA traballamos voluntariamente, sen ningún tipo de compensación económica e animámosvos a ser socios e socias e colaborar activamente na asociación.

Podedes formalizar a vosa inscrición no seguinte formulario.

PARA FORMALIZAR A ENTREGA DO FORMULARIO É IMPRESCINDIBLE ADXUNTAR O XUSTIFICANTE DE INGRESO BANCARIO DE 12,00 € NA CONTA DA ANPA APERTA (IBAN: ES48 2080 0201 9730 4002 7454).

LIGAZÓN AO FORMULARIO 

CONCURSO DE ILUSTRACIÓNS 25N

Desde o IES Breamo queremos impulsar a participación do alumnado no concurso contra a Violencia de Xénero 25N. Para participar, o alumnado que o desexe poderá facer o deseño dun debuxo relacionado con esta temática RESPECTANDO EN TODO MOMENTO O DIÁMETRO DA CIRCUNFERENCIA (58mm), xa que as ilustracións gañadoras serán utilizadas para facer chapas, que se repartirán no centro durante ese día conmemorativo. 
Para iso, deixamos a plantilla subida á web, pero recomendamos que a collades impresa en Vicedirección (por se ao imprimila desde as vosas casas houbera cambios na escala: deberedes fixarvos que o diámetro sexa exactamente 58 mm). Adxuntamos tamén o cartel coas bases que tedes que seguir.
Unha vez teñades o debuxo na plantilla, teredes que entregala en Vicedirección antes do luns 14 de novembro ás 14:10.

PLANTILLA

Animádevos! E moita sorte a todos/as!

PROGRAMA AXENTE TITOR

Esta mañá acompañáronnos, nas aulas de 1º da ESO, axentes da policía local de Pontedeume e de Fene para sensibilizar sobre un tema tan importante e tan actual como é o acoso escolar e a prevención do mesmo.

Deron a coñecer as sinais de alarma para detectalo, os perigos deste tipo de comportamentos e a forma en que todos e todas podemos axudar a atallalos.
Dámoslle ás grazas ós tres axentes participantes, así como ao alcalde de Pontedeume e á concelleira de educación por acompañarnos nestas sesións.

 

É HORA DE LER (SAMAÍN 2022) - 28/10/2022

O IES Breamo celebrou o SAMAÍN baixo o lema É HORA DE LER. Despois da benvida terrorífica polo GARDIÁN DO IES, con berros e algunha risa incluída, a SANTA COMPAÑA encargouse de vixiar as lecturas de terror para que ninguén se atrevese a dicir que non á antoloxía de textos de terror feita polo equipo da biblioteca, o club de lectura e os departamentos de linguas.

MAGOSTO NO IES BREAMO - 27/10/2022

Degustación de castañas, música e xogos tradicionais. Así celebramos hoxe o Magosto no IES Breamo. O noso agradecemento para a Unidade Veciñal Olmo por asar as castañas, que ricas!

VIAXE Á CORUÑA: ESCALADA E VISITA AO MUNCYT - 25/10/2022

O alumnado de 1° BAC (grupos C e D) desprazouse hoxe ata A Coruña para coñecer novas prácticas deportivas e ampliar coñecementos sobre as materias STEM.

Na Sala da Asociación de Montañeiros Independentes (Club de Montaña AMI) practicaron a técnica de “Búlder”, traballo de desniveis e desprazamentos horizontais en pequenas paredes sen os materiais de protección convencionais. 

No MUNCYT, despois dunha visita guiada ás pezas máis destacadas do museo, o alumnado participou nun obradoiro interactivo que leva por nome “And the winner is...”. A actividade, en formato concurso,  consistiu na visualización de fragmentos de coñecidas películas que inclúen errores científicos para poñer a proba o coñecemento dos discentes. 

Parabéns polo bo comportamento do alumnado, nun ambiente distendido e de estimulo pola curiosidade.

NA BIBLIOTECA HAI MOITA VIDA - 24/10/2022

Hoxe celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA cunha ficción fantasmagórica baseada en feitos librescos que leva por título NA BIBLIOTECA HAI (MOITA) VIDA.  A produción audiovisual pódese ver no canal de vídeo de YouTube do IES Breamo.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer