NOVAS

CURSO 2024-25

 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 

LISTAXE DEFINITIVA

Consultar na Secretaría do centro ou no aplicativo web (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/)

A entrega dos vales para material escolar realizarse entre o 26 e o 31 de xullo e a partir do 2 de setembro en horario de 09:30 h a 13:30 h. 

 

MATRÍCULAS E IMPRESOS 

DATAS PARA A FORMALIZACIÓN

ESO / BAC

IMPRESOS

1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO 1º BAC 2º BAC

 

LIBROS DE TEXTO

Listado por cursos

 

TRANSPORTE: rutas e paradas

Para ver o percorrido (Google Maps) de cada ruta para o curso 2024/25 prema aquí. 

 

COMEDOR:

Autodeclaración comedor para o curso 2024/25 prema aquí. 

ROTEIRO DO CLUB DE LECTURA

Roteiro por el Modoñedo de Cunqueiro, Leiras Pulpeiro, Marina Mayoral e Pascual Veiga do club de lectura do IES  Breamo xunto co club de lectura de Neda.

Visitamos unha biblioteca histórica, a casa- museo de Álvaro Cunqueiro, a ponte do Pasatempo, a catedral e ata unha imprenta.

Foi un pracer compartir este día co alumnado e as profesoras do IES de Neda.

E sobre todo co alumnado do noso centro.

DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 4º ESO

Este martes, 18 de xuño, pola tarde celebramos no salón de actos do centro a despedida do alumnado de 4º ESO.  Nun acto moi emotivo no que houbo discursos, cancións e ata un kahoot, profesorado e alumnado compartiron momentos inesquecibles.

Parabéns para o noso alumnado e profesorado!

 

ACTO DE PECHE IV EDICIÓN TALENTOS INCLUSIVOS

Talentos Inclusivos celebrou hoxe o acto de peche da IV edición nunha feira científica aberta a toda a cidadanía na que se mostrarán todos os retos desenvolvidos polo alumnado dos 15 centros educativos participantes.

Parabéns para o alumnado participante e o profesorado do departamento de tecnoloxía.

O alumnado de 1º bacharelato, baixo a coordinación da profesora de tecnoloxía Julia Vázquez Vila, traballou en equipo para atopar solucións tecnolóxicas e innovadoras ao reto proposto: unha tarima para os usuarios da piscina cun sistema de suxeición para poder moverse.

 

 

O IES BREAMO RECIBE DOUS PREMIOS POLA SÚA PARTICIPACIÓN EN CLASES SEN FUME

 

Nesta edición 2023-24 do concurso Clases Sen fume participaron preto de 2.700 escolares, pertencentes a 45 centros educativos. O principal obxectivo deste concurso e que os estudantes reflexionasen sobre argumentos de os beneficios de dicirlle non ao tabaco.

A clase de 1º ESO D recibiu o 1º premio na categoría de actividade creativa, sendo galardoado tamén o grupo de 1º ESO B con accesit

Parabéns para o alumnado participante e o profesor coordinador Diego Canosa.

No acto de entrega de premios, o conselleiro de Sanidade estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández; pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán; pola directora xeral de Xuventude, Lara Meneses e, como patrocinadores do programa, representantes do Concello de Cerdeda e da empresa Monbus. 

FINAL DO TORNEO DE PING PONG

 

Hoxe celebramos a entrega de premios do torneo de tenis de mesa 2024. O gañador desta edición foi Thiago Salgado de 1º ESO A. O resto de finalistas e premiados foron Isaac Veiga (1º ESO D), Ariel Torres (1º ESO B) e Iago Miño (1º ESO B). Parabéns para os laureados!

XORNADA DE FÚTBOL FEMININO

 

O IES Breamo participa na segunda xornada no encontro escolar de fútbol feminino.

As nosas alumnas loitaron ata o final nunha xornada intensa chea de fútbol e diversión, onde as nosas cadetes acadaron o primeiro posto e as infantís o terceiro posto. 

A organización realizouna Deporte Escolar Galego, e desenvolveuse nos polideportivos de Betanzos.

¡Parabéns polo seu esforzo e compromiso!

PRESENTACIÓN DO LIBRO ESQUELAS DE EVA

 

O mércores 10 de maio levouse a cabo a presentación do libro Esquelas de Eva, do profesor de matemáticas Marcos Villar Pazos. Esta obra contou coa colaboración de Laura Feal Costoya, estudante de 4º ESO. As súas ilustracións nutriron dun especial senso pictórico o contido figurativo do poemario. Merece unha digna mención a asistencia dun numeroso grupo de estudantes que, a pesar de ser no seu tempo de lecer, decidiron acudir a un acto no que se resaltou a importancia da lectura na nosa vida cotiá. Por último, ademais de Laura, estiveron presentes Eva (filóloga e prologuista da obra) e Marisa (profesora de debuxo do IES Breamo). A todas estas persoas asistentes, colaboradoras…, se agradece o seu agarimo e a súa participación desinteresada nun acto simbólico, cuxo fin último era fomentar o gusto polos libros; por eses mestres compañeiros da nosa soidade.

XORNADA DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE 6º PRIMARIA

 

Como cada ano por estas datas recibimos a visita do alumnado dos CIPS adscritos (Couceiro Freixomil, Eladia Mariño, Andrade).

O alumnado de 1º de ESO capitaneou un acto informativo de benvida no que se presentaron cuestións de interese relativas á nova etapa educativa que o alumnado iniciará en setembro. 

Despois dunha pequena presentación no salón de actos, o alumnado de primaria dividido en pequenos grupos participou nun xogo de pistas para  coñecer as dependencias do centro. O acto finalizou cunha merenda en tempo de recreo.

BRILLANTE PARTICIPACIÓN DO IES BREAMO NA OLIMPIADAD DE MATEMÁTICAS

Á comunidade educativa do IES Breamo celebra a participación dos grupos de alumnado de 1º e 3º de ESO no Canguro Matemático e agradece ao departamento de Matemáticas a súa dedicación.

A proba é organizada, (a nivel nacional), pola FESPM (Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas).
É imposible non destacar que no grupo de 1º ESO, entre 8.300 estudantes que participaron, a sobresaínte puntuación de Iago Miño que acadou un posto entre os dez primeiros. Tampouco sería xusto non mencionar o esforzó e dedicación dos compañeiros Roy (Óscar), Darío e Ariel que, sen o bo” feeling” que había entre eles, de seguro as cousas serían ben distintas. En definitiva, grazas ao seu compromiso, dedicación…, obtívose o que se definiría como unha inmellorable puntuación.

Para finalizar, nos gustaría extender a noraboa ao resto de participantes: Manuela, Xabi, Alex, Álvaro, Noa e Paula de 3º ESO que, ademais dos xa mencionados, contribuíron a manter vivo ese lume  particular dunha olimpiada.
Grazas ás familias, tamén, pola inmellorable comunicación entre estas e o profesor responsable da proba, Marcos Villar Pazos.

 

O IES BREAMO DESPIDE Á PROMOCIÓN 2024 (2º Bacharelato)

Profesores, persoal de administración de servizos (PAS), familiares, amigos y por suposto o propio alumnado de 2º de BAC, gozamos dun evento que tivo por ingredientes: discursos, actuacións musicais, proxección de vídeo, imposición de becas e moita emotividade.

No acto fíxose memoria do acontecido nestes anos durante a estancia do alumnado noso IES, para facer un recoñecemento ao seu esforzo tanto persoal como colectivo. 

Agradecendo tamén, por suposto, a labor do profesorado, do PAS, e das súas familias polo seu seguimento e respaldo nestes anos de estudo.

Parabéns para o noso alumnado!!!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer