Taboleiro de secretaría

CALENDARIO ACTIVIDADES

Avda. Ricardo Sánchez, 5 (Pontedeume) 881930435 ies.breamo@edu.xunta.gal

 

INICIO DAS CLASES

No IES Breamo dará inicio o curso escolar 2024-25 o día 11 DE SETEMBRO.

A presentación farase de forma ordenada con atención ós seguintes horarios:

11:00 H.- PRESENTACIÓN DOS TITORES E TITORAS CO ALUMNADO DOS SEUS GRUPOS (1º ESO)

11:30 H.- PRESENTACIÓN DOS TITORES E TITORAS CO ALUMNADO DOS SEUS GRUPOS (2º ESO)

12:00 H.- PRESENTACIÓN DOS TITORES E TITORAS CO ALUMNADO DOS SEUS GRUPOS (3º ESO)

12:30 H.- PRESENTACIÓN DOS TITORES E TITORAS CO ALUMNADO DOS SEUS GRUPOS (4º ESO)

13:00 H.- PRESENTACIÓN DOS TITORES E TITORAS CO ALUMNADO DOS SEUS GRUPOS (BAC)

 

ASISTENCIA Á PRESENTACIÓN DO INICIO DO CURSO (ALUMNADO DA ESO)

Lémbrase aos responsables do alumnado da ESO, que unha vez que o alumnado entre no centro para asistir ás presentacións non poderá abandonar o mesmo ata que finalice a xornada (ás 14:10 h). 

Quedará eximido disto o alumnado que traia unha autorización asinada ou a persoa autorizada veña buscalo. Pódese descargar desde a páxina web do centro. Autorización para a saída do centro.

 

ACCESO AO CENTRO

O alumnado accederá ao recinto escolar segundo as indicacións que se poden visualizar no documento Planos de aulas e accesos. Planos de aulas e accesos.

 

AUTOBÚS ESCOLAR

No caso de que o alumnado faga uso do transporte escolar contará co servizo no horario habitual e será atendido polo profesorado do centro ata a hora da presentación cos titores e titoras. Ao remate da actividade lectiva, ás 14:10 h, o transporte realizará a súa ruta correspondente.

 

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO

Os libros do fondo solidario, xunto co xustificante de entrega, entregaranse ao alumnado da ESO o día 11 de setembro durante a presentación co titor ou titora. O alumnado devolverá durante a seguinte semana dito xustificante debidamente asinado polos seus responsables legais.

 

ROTEIRO DO CLUB DE LECTURA

Roteiro por el Modoñedo de Cunqueiro, Leiras Pulpeiro, Marina Mayoral e Pascual Veiga do club de lectura do IES  Breamo xunto co club de lectura de Neda.

Visitamos unha biblioteca histórica, a casa- museo de Álvaro Cunqueiro, a ponte do Pasatempo, a catedral e ata unha imprenta.

Foi un pracer compartir este día co alumnado e as profesoras do IES de Neda.

E sobre todo co alumnado do noso centro.

DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 4º ESO

Este martes, 18 de xuño, pola tarde celebramos no salón de actos do centro a despedida do alumnado de 4º ESO.  Nun acto moi emotivo no que houbo discursos, cancións e ata un kahoot, profesorado e alumnado compartiron momentos inesquecibles.

Parabéns para o noso alumnado e profesorado!

 

ACTO DE PECHE IV EDICIÓN TALENTOS INCLUSIVOS

Talentos Inclusivos celebrou hoxe o acto de peche da IV edición nunha feira científica aberta a toda a cidadanía na que se mostrarán todos os retos desenvolvidos polo alumnado dos 15 centros educativos participantes.

Parabéns para o alumnado participante e o profesorado do departamento de tecnoloxía.

O alumnado de 1º bacharelato, baixo a coordinación da profesora de tecnoloxía Julia Vázquez Vila, traballou en equipo para atopar solucións tecnolóxicas e innovadoras ao reto proposto: unha tarima para os usuarios da piscina cun sistema de suxeición para poder moverse.

 

 

O IES BREAMO RECIBE DOUS PREMIOS POLA SÚA PARTICIPACIÓN EN CLASES SEN FUME

 

Nesta edición 2023-24 do concurso Clases Sen fume participaron preto de 2.700 escolares, pertencentes a 45 centros educativos. O principal obxectivo deste concurso e que os estudantes reflexionasen sobre argumentos de os beneficios de dicirlle non ao tabaco.

A clase de 1º ESO D recibiu o 1º premio na categoría de actividade creativa, sendo galardoado tamén o grupo de 1º ESO B con accesit

Parabéns para o alumnado participante e o profesor coordinador Diego Canosa.

No acto de entrega de premios, o conselleiro de Sanidade estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández; pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán; pola directora xeral de Xuventude, Lara Meneses e, como patrocinadores do programa, representantes do Concello de Cerdeda e da empresa Monbus. 

FINAL DO TORNEO DE PING PONG

 

Hoxe celebramos a entrega de premios do torneo de tenis de mesa 2024. O gañador desta edición foi Thiago Salgado de 1º ESO A. O resto de finalistas e premiados foron Isaac Veiga (1º ESO D), Ariel Torres (1º ESO B) e Iago Miño (1º ESO B). Parabéns para os laureados!

XORNADA DE FÚTBOL FEMININO

 

O IES Breamo participa na segunda xornada no encontro escolar de fútbol feminino.

As nosas alumnas loitaron ata o final nunha xornada intensa chea de fútbol e diversión, onde as nosas cadetes acadaron o primeiro posto e as infantís o terceiro posto. 

A organización realizouna Deporte Escolar Galego, e desenvolveuse nos polideportivos de Betanzos.

¡Parabéns polo seu esforzo e compromiso!

PRESENTACIÓN DO LIBRO ESQUELAS DE EVA

 

O mércores 10 de maio levouse a cabo a presentación do libro Esquelas de Eva, do profesor de matemáticas Marcos Villar Pazos. Esta obra contou coa colaboración de Laura Feal Costoya, estudante de 4º ESO. As súas ilustracións nutriron dun especial senso pictórico o contido figurativo do poemario. Merece unha digna mención a asistencia dun numeroso grupo de estudantes que, a pesar de ser no seu tempo de lecer, decidiron acudir a un acto no que se resaltou a importancia da lectura na nosa vida cotiá. Por último, ademais de Laura, estiveron presentes Eva (filóloga e prologuista da obra) e Marisa (profesora de debuxo do IES Breamo). A todas estas persoas asistentes, colaboradoras…, se agradece o seu agarimo e a súa participación desinteresada nun acto simbólico, cuxo fin último era fomentar o gusto polos libros; por eses mestres compañeiros da nosa soidade.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer