Taboleiro de secretaría

BO NADAL E PROSPERO 2023

Volvemos el día 9

Plein d'énergie

Be happy!

1º PREMIO NO CONCURSO "TIRALLE DA LINGUA" PARA LIDIA CHAPEL E CAROLINA LÓPEZ

   O alumnado e profesorado do IES Breamo está implicado coa promoción do uso do galego. É por iso que os rapaces e rapazas participaron no concurso de relato oral Tiralle da Lingua, organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega e dirixido ácomunidade educativa. 
   Este concurso, que xa está na súa XXI edición,deixounos no Breamo o primeiro premio na categoría do 2 ciclo da ESO e postobligatorio, da man de Lidia Chapel Fernández e Carolina López Cabarcos, de 4ESO. Nel, daban conta dunha maneira "humorística" (a través dunha viaxe no tempo) da realidade que estamos a vivir: as consecuencias da COVID, o cambio climático e as guerras, de aí o título: Os tolos anos 20.

 LIGAZÓN PARA VER O VÍDEO

PEPE BARRO VISITA O IES BREAMO

O venres 16 recibimos a visita de Pepe Barro, referente do deseño gráfico a nivel nacional, debuxante, escritor, comisario de exposicións, en resumo; personaxe de importancia no eido da plástica galega.

Pepe mostrou unha escolma dos seus traballos sobre os diferentes ámbitos do deseño gráfico: deseño de produto, de espazos expositivos, de identidade corporativa, editorial, publicitario...

Todo isto acompañado das explicacións do propio autor, todo un luxo.

REBELIÓN CIENTÍFICA

Hoxe tivemos no centro a REBELIÓN CIENTÍFICA, que veu falar da crise climática e ecolóxica, centrándose sobre todo nas causas da mesma e nas perspectivas de futuro. 

Foi unha pequena conferencia para o alumnado de 4ºESO e 1ºBAC. Estiveron científicos de diferentes ramas que explicaron a progresión da crise climática, ecolóxica, ambiental e enerxética, pero tamén fixeron fincapé nos cambios estruturais que se deben levar a cabo, e a función que estas novas xeracións teñen no modelo económico e social actual.

DÍA DO VOLUNTARIADO

O pasado día 5 conmemoramos o día internacional do voluntariado coa presenza no centro de dúas organizacións da zona, EuroEume e Betula. Realizaron una actividade co alumnado de primeiro de bacharelato co obxectivo de crear conciencia e animalos a formar parte das diferentes propostas de voluntariado que organizan tanto a relacionadas co medio ambiente como con outros temas de relevancia como a igualdade, o deporte ou a terceira idade.

AMANTIS

A compañía de teatro Rebordelos ofreceu esta mañá no noso centro a peza teatral AMANTIS, protagonizada polo actor Roque Ruíz. Conta a historia dun rapaz de barrio obreiro que quere ser “influencer”, amado, aceptado e que nese camiño topa coas trampas dun universo intanxible no que non todo é o que parece e no que descubrirá que el mesmo non é quen pensaba ser. 
A peza explora a brecha xeracional entre nativas/os e non nativos/as dixitais, tentando comprender como inflúen as redes sociais, o selfie e o sexting na formación da identidade propia e nas relacións interpersoais. Fai un retrato das novas linguaxes coas que se relacionan os adolescentes e de como estas inflúen dun xeito determinante.

VISITA DO "CLUB FERROL ABECONSA BASKETMI"

Desde o centro apostamos polo deporte inclusivo na escola.

É por iso que agradecemos a visita do "Club Ferrol Abeconsa Basketmi" para explicarlle ao alumnado de 4º de ESO e 1º de bacharelato a práctica do baloncesto en cadeira de rodas.

En próximas datas volverán para facer unha sesión práctica.

 

CURSO SOBRE A RADIO ESCOLAR NO IES BREAMO

Hoxe visitou o centro Isidoro Valerio, periodista e presentador do programa Voces de Ferrol, en Radio Voz, para impartir un curso de Radio Escolar. O curso forma parte do traballo do itinerario de Polos Creativos, dentro do Plan de Formación do Profesorado no Centro (CFR Ferrol).

CONCURSO DE ILUSTRACIÓNS 25N

Desde o IES Breamo queremos impulsar a participación do alumnado no concurso contra a Violencia de Xénero 25N. Para participar, o alumnado que o desexe poderá facer o deseño dun debuxo relacionado con esta temática RESPECTANDO EN TODO MOMENTO O DIÁMETRO DA CIRCUNFERENCIA (58mm), xa que as ilustracións gañadoras serán utilizadas para facer chapas, que se repartirán no centro durante ese día conmemorativo. 
Para iso, deixamos a plantilla subida á web, pero recomendamos que a collades impresa en Vicedirección (por se ao imprimila desde as vosas casas houbera cambios na escala: deberedes fixarvos que o diámetro sexa exactamente 58 mm). Adxuntamos tamén o cartel coas bases que tedes que seguir.
Unha vez teñades o debuxo na plantilla, teredes que entregala en Vicedirección antes do luns 14 de novembro ás 14:10.

PLANTILLA

Animádevos! E moita sorte a todos/as!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer