Taboleiro de secretaría

G-NIGHT

O departamento de Tecnoloxía organizou hoxe, venres 30 de setembro, unha saída para o alumnado de Tecnoloxía Industrial II, con motivo da “Noite Europea dos Investigadores”. Así, puideron asistir á "Experiencia con novos materiais", organizado polo CIS Tecnoloxía e Deseño en A Cabana (Ferrol) e a dous talleres, "A luz que cambia a materia" e "Camiños curtos, camiños rápidos e camiños imposibles", organizado polo Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (Campus de Esteiro, Ferrol).

LET´S CHAT

 

  O Departamento de Inglés do IES Breamo organizou unha serie de charlas para o alumnado de terceiro e cuarto da ESO, así como primeiro de bacharelato. A finalidade é ofrecerlle ao noso alumnado un achegamento aos países de fala inglesa e as súas costumes dun xeito ameno a través da presentación dun narrador nativo.

O IES BREAMO PON EN MARCHA O POLO CREATIVO

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado pola delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o instituto IES Breamo para poñer en marcha o Polo Creativo. 

   “O que hoxe visitamos -explicou o conselleiro- é un exemplo claro dun polo creativo perfectamente equipado, un modelo que se replica noutros centros de toda Galicia”.

   O proxecto do IES Breamo busca facilitar o traballo do profesorado e alumnado nas aprendizaxes por competencias e afianzar as metodoloxías activas e de innovación cara á realización de programas interdisciplinares relacionados coa intelixencia artificial, a programación, a robótica, o pensamento computacional, modelos  dixitais e de impresión 3D, sistemas de información xeográfica, o procesado audiovisual e artístico...

 

 

POLO CREATIVO

O IES Breamo contará cun POLO CREATIVO que buscará fomentar o pensamento crítico, a resolución de problemas, o traballo en equipo, a creatividade e a capacidade analítica do  seu alumnado.

O proxecto do IES Breamo, que obtivo a 7ª mellor puntuación entre 184 participantes na resolución da 1ª fase da convocatoria feita pola Consellería de Educación no mes de abril, busca facilitar o traballo do profesorado e alumnado nas aprendizaxes por competencias e afianzar as metodoloxías activas e de innovación cara á realización de programas interdisciplinares relacionados coa intelixencia artificial, a programación, a robótica, o pensamento computacional, modelos  dixitais e de impresión 3D, sistemas de información xeográfica, o procesado audiovisual e artístico...

O centro educativo eumés, grazas a esta iniciativa da Consellería, contará con espazos dotados de equipamento especializado cun deseño modular e innovador acorde co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Durante os días 12 e 13 de xullo estará aberto o prazo de reclamación. O día 18 de xullo sairán as listaxes definitivas. 

Prégase as persoas interesadas que pasen polo centro para facer as comprobacións oportunas. 

O alumnado de 2º ESO e 4º ESO que non precise algún libro asignado polo Fondo deberá comunicalo na secretaría do centro.

Moitas grazas pola atención.

Saúdos,

IES BREAMO

AXUDAS PARA AS PROBAS DE NIVEL LINGÜÍSTICO DE 4º ESO E BACHARELATO

Saíu a convocatoria para o próximo curso escolar das axudas ás probas de nivel lingüístico para o alumnado de 4º ESO 1º e 2º de bacharelato. (Resolución do 10 de xuño do 2022).

Os estudantes teñen a posibilidade de obter unha acreditación oficial nunha lingua estranxeira, totalmente de balde para as familias.

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades financia con 100€ a cada un dos alumnos que sexan seleccionados polos centros para presentarse ás probas.

O alumnado interesado ten que solicitalo na secretaría do IES Breamo e asinar un compromiso individual do alumno/a e o dos seus proxenitores. Data límite para a presentación: ampliación do prazo ata o 21 de setembro de 2022. 

RESOLUCIÓN DO 10 DE XUÑO DE 2022, DA DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA POLA QUE SE REGULA A XESTIÓN DE PROBAS DE NIVEL LINGÜÍSTICO PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS DURANTE O CURSO 2022/2023 EN CENTROS PÚBLICOSDEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES.

CALENDARIO DE MATRÍCULA E IMPRESOS DE MATRÍCULA NO IES BREAMO

Todo o alumnado que reservou praza no IES breamo debe formalizar a sua matrícula. Os impresos de matrícula e o calendario do proceso de matrícula o tedes neste enlace. Admisión/Matrícula.

Para acceder os impresos de matrícula tedes que entrar como invitado na aula virtual do noso centro. 

Becas para o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo

Saíu a convocatoria para o curso 2022-23 das becas para o alumnado con necedidade específica de apoio educativo.

Podedes solicitar información chamando ao centro e poñendose en contacto co Departamento de Orientación.

Prazo: Do 19 de maio ao 30 de setembro do ano 2022.

Máis información neste enlace: Becas NEAE

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer