Entroido 2023
O venres 17 de febreiro de 2023 celebramos no centro o festival de entroido. Un ano máis, xunto coas familias do alumnado que nos puideron acompañar, tivemos un momento de disfraces, risas, baile e música. Esquecendo o traballo por un momento, adicámonos á boa convivencia e á diversión. Aquí tedes algunhas imaxes destes momentos.
EDUARDO SÁENZ DE CABEZÓN NO IES DO BARRAL
O matemático e divulgador científico Eduardo Sáenz de Cabezón fixo unha visita ao IES do Barral o pasado 14 de febreiro para impartir unha charla ao alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato.
Eduardo Saenz de Cabezón é coñecido por ser o conductor dende 2019 do programa "Órbita Laika", que se emite na 2 de TVE, pero a súa traxectoria é ben máis ampla. Doctor en Matemáticas e profesor da Universidade da Rioxa, é membro fundador do grupo de divulgación científica Big Van Ciencia. Colaborador de programas de radio e televisión, ten escrito varios libros de divulgación matemática como "Inteligencia matemática", "Apocalipsis matemático" ou "Gardner para aficionados: Juegos de matemática recreativa", asi como "El árbol de Emmy", unha biografía da matemática Emmy Noether.
Club de lectura en inglés
Xa estamos de volta cos grupos de lectura en inglés. Vémonos o venres na biblioteca na hora do recreo!! |
||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »