Curso 2015-2016

Visita a Asturias

O departamento de Relixión do centro organizou unha visita a Asturias, na que o alumnado de Bacharelato matriculado na materia de Relixión poderá coñecer Oviedo e Xixón. Estarán fóra dende o mércores 13  ata o venres 15 de xaneiro. No arquivo adxunto pódese ver o programa da actividade.

Programa Ktorce-18

O alumnado de 3º ESO terá a oportunidade de asistir a unha charla relacionada co programa Ktorce-18, que pretende informar, previr e facer conscientes aos adolescentes das consecuencias dos seus actos, en relación coa Ley 5/2000, reguladora da responsabilidade legal dos menores.

A actividade, organizada polo Departamento de Orientación, realizarase no salón de actos do centro o vindeiro xoves 17 de decembro.

Visita ao Parlamento de Galicia

O Departamento de Filosofía do centro organizou unha visita ao Parlamento de Galicia e ao Valedor do Pobo para o alumnado de 1º Bacharelato. Terá lugar o luns 14 de decembro.

 

As fillas bravas

O alumnado de 3º ESO e 1º Bacharelato terá a oportunidade de asistir no Auditorio Lois Tobío de Gondomar á obra As fillas bravas o vindeiro mércores 25 de novembro, nunha actividade organizada polo departamento de Lingua e Literatura Galega.

A praia dos afogados

O alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato terá a posibilidade de asistir á proxección da película A praia dos afogados o día 12 de novembro, nunha actividade organizada polo departamento de Lingua e Literatura Galega.

 


 

 

Concurso de tatuaxes polo 25N

 

Participa no concurso de tatuaxes para o 25N. Se a túa proposta sae elixida, será a base das calcomanía que se repartirá o 25N.

Distribuir contido