Curso 2015-2016

II Competición de Robots da EEI

O venres 29 de abril varios grupos de alumnos de 1º ESO e 3º ESO participarán na II Competición de Robots da EEI  no CUVI, nunha actividade organizada polo departamento de Tecnoloxía do centro.

Xogos do mundo

Sesión de xogos do mundo con Cedric Bouchard para alumnado de 1º, 2º e 3º ESO o 26 de abril

Actividade de baloncesto en cadeira de rodas co equipo do AMFIV de Vigo

A semana pasada o alumnado 3º ESO A-C e 4º ESO participou nunha Actividade de baloncesto en cadeira de rodas co equipo do AMFIV de Vigo.

Iniciación ao tenis de mesa

O pasado luns 18 de abril realizouse unha Actividade de iniciación ao tenis de mesa para o alumnado de 1º ESO coa Agrupación Deportiva Vincios no noso centro. 

Atletismo no CUVI

        O departamento de Educación Física organizou unha xornada de atletismo no CUVI para todo o alumnado de 1º ESO. Terá  lugar, se as condicións meteorolóxicas o permiten, o martes 5 de maio.  

 

Visita a Amarante

Os días 29 e 30 de abril parte do alumnado de 4º ESO do centro visitará a poboación de Amarante, dentro das actividades programadas no intercambio cun centro desta localidade portuguesa.

Distribuir contido