Terceiro Trimestre

Convocatoria de axudas a alumnado NEAE para o curso 2023-2024

Abriuse a convocatoria de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o vindeiro curso escolar 2023-2024. As solicitudes poderán realizarse desde o 8 de maio ata o 20 de setembro na seguinte dirección:

Calendario e horario das probas finais de 2º de bacharelato

Velaquí queda o calendario e horario das probas finais de 2º de bacharelato do curso 2022-2023. Cómpre premer no enlace:

Calendario e horario de probas finais de 2º de bacharelato (2022-2023)

Celebramos o Día do Libro

Con motivo da celebración do Día do Libro o 23 de abril, imos ter estes días unha serie de actividades promovidas desde a Biblioteca e o EDLG. Desde o xoves 20 e ata o mércores 26 o patio central do instituto acollerá nos recreos lecturas de fragmentos de libros en diferentes linguas a cargo de alumnado de 1ºESO, 3ºESO e 1ºBach.

Semana cultural do 27 ao 31 de marzo

Do 27 ao 31 de marzo imos celebrar no instituto unha Semana cultural con actividades de distinto tipo para todos os grupos en horario lectivo. Tamén se inclúe unha proposta aberta a toda a comunidade educativa fóra do horario lectivo: será o mércores 29 ás 20:00h no salón de actos do instituto, onde poderemos asistir á representación da obra "A parábola do angazo" a cargo de Talía Teatro.

Intercambio con Alemaña

A semana pasada estiveron en Gondomar vinte e dous alumnos e alumnas e dúas profesoras procedentes de Nagold (Alemaña), dentro dun intercambio con alumnado de 1º de Bacharelato do noso instituto. Ademais de convivir coas familias do alumnado de Gondomar, participaron nun programa de actividades moi diverso.

Horario de verán

Horario de verán 2022:

  • Do 1 ao 8 de xullo: de 09:30h a 14:30h
  • Día 11 de xullo: pechado por festivo local
  • Do 12 ao 29 de xullo: de 09:30h a 13:30h
  • Agosto: atención telefónica de 10:00h a 13:00h, só para asuntos urxentes, no número
    886 110 209
 
 
Distribuir contido