Inglés

2º Bach. 2018-2019

"Practice makes perfect"

Adeus ás alumnas e aos alumnos daneses do intercambio

Este sábado dixémoslles adeus ás alumnas e aos alumnos daneses que estiveron en Gondomar participando no intercambio que organiza o Departamento de Inglés. Foi unha semana intensa de actividades e convivencia que remataba cunha cea de despedida o venres á noite e a súa saída de volta a Viby (Aarhus) o sábado á mañá. Atoparanse de novo a comezos do mes de marzo, cando o noso alumnado viaxe a Dinamarca para a segunda parte do intercambio.

Visita a Compostela

Hoxe, mércores 24 de outubro, o grupo de intercambio de 2º de bacharelato e o alumnado do Viby Gymnasium de Århus visitaron Compostela. Por suposto que foron á Catedral de Santiago pero tamén tiveron tempo para rendirlle visita ás irmás María e Coralia Fandiño, As Marías.

REPASO 1º BACHILLERATO VERANO

REPASO VERANO TERCERO ESO

REPASO VERANO CUARTO ESO

Distribuir contido