Inglés
Intercambio co Viby Gymnasium, Århus, Dinamarca
Enviado por admin o Mar, 03/03/2020 - 22:02Dezaseis alumnos e alumnas de 2ºBach, acompañados de dúas profesoras, están esta semana en Dinamarca participando no intercambio que o departamento de Inglés organiza desde o curso 2012-2013 co Viby Gymnasium de Århus.
Intercambio co Viby Gymnasium, Århus, Dinamarca
Enviado por admin o Sáb, 02/11/2019 - 13:06Desde o domingo 3 de novembro e ata o venres 8, recibiremos un grupo de 11 alumnas e alumnos daneses que van participar nun intercambio co noso alumnado de 2ºbacharelato e organizado polo departamento de Inglés. Estes rapaces e rapazas, que teñen entre 16 e 19 anos, estudan no Viby Gymnasium, un centro educativo situado en Viby, unha zona da cidade de Århus, a segunda máis importante de Dinamarca.