Axudas para estadías lingüísticas no estranxeiro no verán de 2024 para alumnado de Bacharelato

Este pasado luns 12 de febreiro publicouse no DOG unha orde pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no verán de 2024 destinadas a alumnado de Bacharelato. O prazo de solicitude remata o 12 de marzo. Pódese acceder a toda a información relativa á convocatoria e ao procedemento de solicitude na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

Para acceder ao texto da orde no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240212/AnuncioG0655-300124-0003_gl.html