Entrega de boletíns de notas do curso 21-22

Informamos das datas de entrega dos boletíns de notas e dos prazos de reclamación das cualificacións:
 
- 1º e 2º de Bacharelato (convocatoria extraordinaria)
 Entrega dos boletíns: luns 27 de xuño, ás 11:00. Prazo de reclamacións ante o centro: 27 e 28 de xuño. 
 
- 4º da ESO (avaliación final)
 Entrega dos boletíns: xoves 23 de xuño ás 18:00. Prazo de reclamacións ante o centro: 27 e 28 de xuño. 
 
- 1º, 2º e 3º da ESO (avaliación final)
 Entrega dos boletíns: martes 28 de xuño ás 11:00. Prazo de reclamacións ante o centro: 29 e 30 de xuño.
 
Ademais, as notas publicaranse tamén en Abalar.