LigaMats

Un grupo de alumnas de 4ºESO participou a semana pasada na Ligamats, un concurso no que teñen que resolver problemas, xogos e actividades relacionadas cos talleres que forman parte da XVI edición de Imatxina, un programa de actividades relacionadas coas matemáticas que organiza en Vigo a Fundación Escola Rosalía desde o 27 de febreiro ata o 18 de marzo.