Quérote π

 Este xoves 14 de marzo o departamento de Matemáticas organizou unha actividade para celebrar o Día do número Pi. Durante o acto escoitáronse diferentes pezas musicais de Michael Blake e David McDonald inspiradas no número Pi. Ademais, leuse o poema "O número Pi" de Wislawa Szymborska na voz da profesora Araceli González, proxectáronse fragmentos do concurso "Increíbles" e do documental "Daniel Tammet. Unha mente privilexiada" e escenificouse o número Pi a través dunha cadea humana formada por alumnado, profesorado e persoal non docente do instituto. Finalmente, pechouse o acto cunha performance a cargo do profesor Anxo Iglesias e o seu poema cego de amor ao número Pi, "Quérote π".