Skip to Content

Actividades curso 2015-2016

Visita a Valença do Minho

O pasado 17 de marzo, quinta feira (esta denominación dos días da semana que se usa en portugués tamén existe en galego) o alumnado de Portugués  de 1º de ESO-B visitou o Museo Municipal de Valença do Minho.

Alí explicáronnos cando e por que fixeron as súas murallas, que tamén visitamos. A finalidade era defensiva e data da etapa na que Portugal se converte en reino independente(1140). Con posterioridade, e baixo as ordes de enxeñeiros militares franceses, amplíanse e modifícanse construíndo os baluarte en forma de cuña, que caracterizan a nova fortaleza. A reforma débese ás necesidades de defensa do reino, unha vez que conseguen  a independencia da coroa española. De 1580 a 1640 Portugal coñeceu un período no que foi gobernada por reis castelans, o primeiro deles Felipe II, denominado alí como Filipe I. Malia os avatares políticos, a guía do museo insistía en que na vida cotiá, e durante séculos, a convivencia entre a poboación dun e outro lado do río Miño era boa, os portugueses ían a Tiu a comprar, a pasear... e o mesmo á inversa

 
   
 
 

Théâtre en français

     
 

Le 3 mars 2016, les élèves de français de 4º ESO A et B sont allés à l´auditorium pour assister à un spectacle de la Compagnie L´Art bat l´Etre intitulé "La Dérive".

Il s´agissait d´une pièce de théâtre qui mêlait ombres et objets à l´histoire.

 

O 3 de marzo de 2016, o alumnado de 4º ESO A e B foron ao auditorio municipal para asistir a unha obra de teatro, "La Dérive", representada pola compañía L´ Art bat l´Etre. Era un espectáculo de teatro que mesturaba sombras, obxectos e contos.

 

 
     
     
     

Obradoiro de instrumentos musicais

 

Como xa ven sendo tradición neste centro, o alumnado de 2º Eso participa no Obradoiro de Construción de Instrumentos musicais dando renda solta a súa creatividade á hora de elaborar o seu propio instrumento musical.

Ano tras ano o traballo vai mellorando, chegando a ser de gran nivel e interese para todos/as. Mostra desta gran labor é a exposición que mostramos na entrada do instituto e que podedes ver nas seguintes imaxes:

     

Tamén fixemos unha votación, na que participou toda a comunidade educativa, e os instrumentos que maior puntuación acadaron foron os seguintes:

 
   

1º Premio

Evián Alves

2º Eso B.

Guitarra eléctrica   

   

3º premio

Aarón Molares e  Miguel Hernández.

2º Eso A .

Batería

               
       
     

2º premio

Dimitri Rodríguez e Lucía Mora. 2º Eso.

Guitarra eléctrica

 

Taller de Stop-Motion


   
     

O martes 1 de marzo o alumnado de 2º ESO A e E visitou a exposición Heroes animados organizada por Afundación.

 

Nesta exposición achegáronse ao traballo do Grand Studio, unha empresa catalana que traballou en distintos filmes de animación como A noiva cadáver, Piratas, Hotel Transilvania... internándose no proceso de preparación, producción e realización dunha película deste xénero.

 

Do mesmo xeito participaron nun estupendo taller de Stop-Motion no que elaboraron unha serie de animacións das que vos faremos partícipes en canto as teñamos.

  

   
 

 

 

 

Domus e Aquarium Finisterrae.

 

O luns 22 de febreiro o alumnado de 3º ESO realizou unha saída á Coruña organizada polo departamento de Bioloxía para visitar a Domus e o Aquarium Finisterrae.

Pola mañá fomos á Casa dos Peixes. Instalada no paseo marítimo da cidade, adéntrase no máxico mundo das profundidades mariñas a través de grandes acuarios onde están presentes especies propias do litoral. Destaca a sala de observación Nautilus, onde hai case cinco millóns de litros de auga onde nadan os maiores peixes do Atlántiuco. Entre eles destaca un tiburón: Tiburón Toro macho de 2,5 metros de longo. Nas piscinas exteriores (conectadas co Océano Atlántico) hai unha colonia de 9 simpáticas focas que facían as nosas ledicias véndoas dar viravoltas unha e outra vez. E tamén vimos como as alimentaban.

     

Despois de comer visitamos a Domus, museo que ten como obxectivo espertar a curiosidade e provocar a reflexión sobre a especie humana, a través de módulos interactivos os alumnos e profesoras gozamos de experiencias como a de subir a pedalear nunha bicicleta e ver ao lado un esquelete facendo os mesmos movementos; lanzar un penalti e comprobar a velocidade á que se impulsou o balón; descubrir como reaccionan as nosas pupilas ante un estímulo luminoso; ver imaxes dun parto real; ver dúas nenas siamesas nacidas a finais do século XIX que estaban unidas polo ventre, relaxarse para gañar unha partida nun xogo que mide a actividade cerebral; entre moitas outras.

   

E para rematar visionamos o documental "Titáns da Idade do Xeo", que nos transportou ás belas paisaxes xeadas do hemisferio norte de hai 20.000 anos a través dos tigres dentes de sabre, os mamuts, e os seres humanos prehistóricos que loitaban por sobrevivir nun ambiente inhóspito.

                                  Foi un día ben aproveitado e para repetir!

 

Teatro en inglés

     
 

O mércores 17 de Febreiro os alumnos/as de 1º, 2º e 3º da ESO asistiron no salón de actos do instituto á representación en inglés da obra “Sleepy Hollow”, levada acabo polo grupo teatral Clever Pants. Ás 12:45 do mesmo día, foron os alumnos/as de 4º,1º e 2º de Bacherelato quenes disfrutaron da representación da obra “Anna Karenina”.

 

 
     
     
             O alumnado valorou moi positivamente as dúas obras. Reportaxe fotográfica.
 
 

 

 

 

 

Recreos saudables

 

         
   

A Consellería de Medio Rural autorizou a distribución de froita para o alumnado do noso centro dentro do seu Plan de consumo de froita fresca nas escolas.

O alumnado recollerá unha peza de froita en calquera dos dous recreos da mañá.

As datas de reparto serán:  xaneiro (do 18 ao 22), febreiro (do 15 ao 19), marzo (do 7 ao 11) e abril (do 11 ao 15).

 
     

 

 

 

 

Visita a Radio Vigo e Localia

 

     
 
     
 

Os alumnos de 1º de Bac-A asistiron a unha actividade extraescolar organizada pola profesora de Lingua Castelá, Cristina Pedrosa, a Radio Vigo y a Localia, para coñecer por dentro o funcionamento destes medios de comunicación.

Despois de mostrarlles as instalacións e darlles as explicacións sobre a historia de radio Vigo, a evolución das distintas cadeas, os datos de audiencias, o estudo Xeral de Medios, etc,  participaron na elaboración dun anuncio radiofónico e na grabación dun noticiario.

Ao final da visita, lle deron un CD cas súas actuacións gravadas. A valoración da actividade polos alumnos foi moi satisfactoria.

     
 
 

 

Pódese ver aquí unha reportaxe gráfica da visita

 

 

Concertos musicais no IES Álvaro Cunqueiro

 

Todos os venres no segundo recreo da mañá haberá unha audición en vivo dun instrumentista que forme parte da nosa comunidade educativa.

O pasado 15 e 29 de xaneiro asistimos aos primeiros concertos de piano interpretados por Nicolás Alén, e Noelia Martín.

    Cada semana pasarán distintos intérpretes pola Aula de Música que darán mostra das súas habilidades como instrumentistas.

 
  
 
Estades convidados, a entrada é libre !!

 

   
 
               Xoán López (venres 12 de febreiro 2016)
 

 

 
José Luis Escudero Fernández (venres 15 de abril)
     

                  Irene González López y Manuel E. Glez. López (venres 22 de abril)

     
 Eduardo y Nahum (venres 29 de abril)      Jorge Rodríguez Meijide (venres 13 de maio)
     
           
       Aida Bernardez (venres 27 de maio)    

Club de lectura "Manga"

     
O Club de lectura de Manga do IES Álvaro Cunqueiro organizou o 3º Salón de Manga no salón de actos do instituto. Por primeira vez, contouse coa participación dos clubs de manga do IES Alexandre Bóveda de Vigo e IES A Paralaia de Moaña.

O progama do Salón de Manga incluíu diversas ponencias:
-Como organizar un club manga: obxectivos e actividades.
- Introducción ao “cosplay”.
- Reseña do traballo dos mítícos estudios Ghibli de animación.
- Organizar e elaborar unha revista manga propia ofrecido por Iago Araújo, profesor de debuxo da academia “Clases de Cómic” (Vigo) que, un ano máis, axudounos no evento de xeito desinteresado.

Finalizamos o Salón de Manga cunha degustación de Sushi.
 
   O seguinte obxectivo dos membros dos tres club de lectura manga será elaborar unha revista propia, da que xa vos iremos informando e estades invitados a participar. Tendes máis información no penel do club manga ou na biblioteca do centro.

Asemade, aproveitamos a ocasión para invitarvos a visitar o blog do club manga (http://zasshinootaku.blogspot.com.es/) e invitarvos a colaborar en todas as nosas actividades
     
Reportaxe fotográfica

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut