Skip to Content

Actividades curso 2013-2014

XVI Olimpiada Matemática Galega e concurso "Resolve o problema"

A fase final da XVI Olimpiada Matemática Galega de 2º de ESO tivo lugar o vénres 30 de maio no IES Manuel Antonio de Vigo.

Parabéns aos nosos alumnos de 2º B:

MANUEL EMILIO GONZÁLEZ LÓPEZ

NOA SOAGE PORTELA

que despois de superar a fase local, chegaron á final de Galicia e por moi pouco non chegaron á fase nacional.

Seguide traballado coma este ano e...MANTEDE A ILUSIÓN!!!! GRAZAS.

 

Concurso RESOLVE O PROBLEMA

Os gañadores deste ano do noso concurso "Resolve o problema" foron:

1º ESO D: MIGUEL VÁZQUEZ BARCIELA

2º ESO B: MANUEL EMILIO GONZÁLEZ LÓPEZ

2º ESO C: MARTÍN ÁLVAREZ PUGA

e quedaron finalistas:

2º ESO C: NOELIA MARTÍN CABALEIRO

2º ESO B: NOA SOAGE PORTELA

!!PARABÉNS!!

SEMANA DA FROITA 2014

SEMANA DA FROITA 2014



A Consellería do Medio Rural autorizou a distribución de froita fresca para o alumnado do noso centro, dentro do seu Plan de consumo de froita fresca nas escolas.

O plan establécese durante tres semanas; do 26 de maio ao 13 de xuño, e consiste no reparto dunha peza de froita de tempada a cada neno. Durante o primeiro recreo recollen a súa froita os alumnos de 1º e 2º da ESO. No segundo tócalle aos de 3º e 4º da ESO. Son os propios alumnos, e por quendas, os responsables do reparto das froitas.

Entre estas froitas están cereixas, plátanos, peras, mazás, nectarinas e outras.

LETRAS GALEGAS 2014

LETRAS GALEGAS 2014

  

O venres, 16 de maio, celebramos no noso centro o Día das Letras Galegas.

O Departamento de Galego e o de Música, coa colaboración da nosa compañeira María López, organizaron con alumnos e alumnas de distintos cursos varios actos simultáneos:

No vestíbulo interpretáronse cantigas medievais, un romance tradicional e rematouse co poema de Álvaro Cunqueiro “Quen poidera namorala”.

No xardín foron recitados e cantados varios poemas, entre eles, a cantiga de amigo de Martín Códax “Ondas do mar de Vigo” e unha pastorela medieval.

No salón de actos tivo lugar a homenaxe ao poeta X. Mª Díaz Castro, ao cal se lle dedicaba este ano o Día das Letras Galegas. Recitáronse varios poemas do autor, acompañados por música de violonchelo. Entre estes poemas salientamos o de “Penélope”, o máis coñecido de Díaz Castro.

 

 Aquí tendes algúns videos do evento:

 

   
   

Rafting 2014

RAFTING NO MIÑO

O día 7 de MAIO do 2014, o departamento de Educación Física, realizou unha saída a Barcela (Arbo), a facer RAFTING no rio Miño.

Descenderon un tramo de río, de dificultade media, durante aproximadamente hora e media.

Aquí tedes aos protagonistas da grande aventura

Exhibición de Judo

EXHIBICIÓN DE JUDO

O venres 25 e o mércores 30 de abril leváronse á práctica as sesións de judo, que un monitor da Federación Galega veu a impartir ó noso centro. Esta actividade pertence a modalidade “Lúdicos” do programa XOGADE da Consellería de Educación.

Participaron destas sesións dous grupos de 1º e outros dous de 2º da ESO, escollidos polo seu traballo nas clases de Educación Física.

CLEVER PANTS theatre for ESO and BAC


The presence of the English theatre compay CLEVER PANTS at school is always greatly  welcomed  . It means success , fun , entertainment and learning . Our students from the various levels enjoy their plays and their adaptations of classic plays full of laughter , good sense of humour and  good performance . It is a rewarding break for the students in their daily school life .



This year the company put on two different plays :
- What´s up , Romeo ? for the ESO students . A very modern and humorous adaptation of Romeo and Juliet  where mobiles , sms and modern music were present . The two actors and the actress did such a funny and appealing performance that the students couldn´t stop laughing and feeling deeply involved in the play . Once more it was  a big big success .
Pride and Prejudice ,by Jane Austen took our BAC students to the time in England when a single man in possession of a good fortune is in want of a wife , but again this " modern version " was full of good humour , much fun and giving their personal touch to a classical novel , which made the students burst  continously into laughter . Again when it was time to leave , the students wanted to keep enjoying the activity but everything comes to an end and so did this year´s performance of CLEVER PANTS . They are always counted a big success , so we hope we can enjoy their presence for long . Thanks for your good work .

 

A visita a IMATXINA

A visita a IMATXINA - 1º ESO


A Fundación Escola Rosalía de Castro, Educa Barrié, co patrocinio de La Caixa e o Concello de Vigo, e o asesoramento da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) organizaron de novo en Vigo X Edición da Semana Matemática, dende este ano IMATXINA.

As matemáticas son aburridas”..”A min as matemáticas non se me dan ben”....”Eu son de letras”...O Departamento de Matemáticas quixo botar abaixo estes e outros tópicos sobre as matemáticas coa visita didáctica, que fixeron os nosos alumnos de 1º de ESO.

Os obxectivos da visita resúmense en:

  • Sacar as matemáticas das aulas e achegalas á sociedade dende un punto de vista manipulativo e participativo.

  • Favorecer o uso de materiais didácticos para o tratamento dos programas curriculares.

  • Amosar a través destas tarefas que todos os cidadáns poden facer matemáticas, é dicir: argumentar, analizar, decidir, demostrar, descubrir, razoar ...

  • Sensibilizar aos distintos sectores educativos, de que as matemáticas poden ensinarse e aprenderse de xeito atractivo.

  • Acadar o apoio das distintas institucións do eido da educación e da cultura para seguir espallando en todos os niveis unha maior e máis axeitada formación matemática.

  • Aprender a traballar en equipo valorando e respetando as opinións propias e ás dos demáis e fomentando a imaxinación e a creatividade.

"Siempre he creído que el mejor camino para hacer las matemáticas interesantes a los alumnos y profanos es acercarse a ellos en son de juegos
Martín Gardner

 

Aquí podedes ver un vídeo da visita:

Carreira de Orientación en Pontevedra 2014

SAÍDA DE ORIENTACIÓN AO MERCANTÍL DE PONTEVEDRA

O mércores 12 de marzo parte do alumnado de 1º e 2º da ESO xunto con alumnado do CEIP  Escultor Acuña participaron no campeonato provincial de orientación, que se celebrou en Pontevedra no recinto do círculo Mercantil. Incritos nas categorías de infantil e cadete (tanto en masculino como en feminino), o día acompañou meteorolóxicamente e tamén no deportivo, xa que se conseguiron algunhas medallas (un primeiro posto, un segundo e un terceiro) e unha boa participación de todos/as.

Aquí temos de esquerda a dereita aos medallistas:

2º Infantil Home. Jaime Caamaño Díaz

1º Infantil Dama. Celia Fernández Gómez

3º Infantil Home. Daniel Estévez Martínez  

Foi unha interesante experiencia para moitos dos que repetían neste tipo de probas, e tamén para os que participaron por primeira vez. Ían saindo cunha diferencia de dous minutos respecto ao anterior, e  co seu mapa, o seu compás e un dispositivo electrónico para fichar en cada punto de paso da proba (as tecnoloxías fanse presentes). O percorrido foi duns 30 minutos aproximadamente con zonas de bosque, zonas despexadas e pendentes considerables pero superadas por todos os participantes con satisfacción. Unha vez chegados á meta fichando co noso dispositivo  electrónico xa nos facilitaba os tempos de paso en cada baliza e podíase comprobar en pantalla a clasificación (todo inmediato). Isto provocaba que aqueles que tiñan unha boa marca estivesen moi pendentes das marcas dos que ían chegando, e finalmente respiraron cando comprobaron os bos resultados.

Viaxe á NEVE 2018


Despois de varios anos o centro retomou a saída á neve como unha actividade que ten o obxectivo de consolidarse para o alumnado de 3º da ESO.

As circunstancias que acompañaron esta actividade foron do máis variopintas, ata o punto de considerar a súa anulación, pero o interese do propio alumnado, o apoio dos pais e a xestión in extremis para buscar unha oferta ao plano inicial, foron quen de sacala adiante.

Dezaseis alumnos/as e dous adultos en condición de acompañantes, pasamos unha semana do 8 ao 15 de marzo que non vamos esquecer. Para a maioría foi o seu “bautismo de neve” nas magníficas condicións metereolóxicas e estupendas instalacións na estación de esquí de Boi Taull, en pleno Val de Arán no pirineo leridano.

O baixo número de participantes obrigou a compartir a nosa viaxe co alumnado e profesorado de outros dous centros de Ferrol, IES. Catabois e Ferrol Vello, veteranos nas viaxes a Boi Taull. Só lles podemos dalas grazas polo seu trato e compañerismo e esperamos que se volve darse o caso, poidamos contar con eles en próximas ocasións.

AQUÍ TEDES O VÍDEO RESUMO DA VIAXE

Homenaxe a Xela Arias

   

HOMENAXE A XELA ARIAS

 Á procura de trazos que nos describan

O martes 11 de marzo, e organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega – AELG-, celebrouse no Salón de Actos do Instituto unha homenaxe a Xela Arias.

Xela pasou polo Álvaro Cunqueiro -e pola vida- como una estrela fugaz. Fugaz porque só estivo connosco un curso, estrela polo  brillo que irradiaba  e a estela imborrable que deixou.

“Intenpérianos” saber que xa non estás que “que a vida ía en serio”. Consólannos os teus versos, PALABRAS CONTRA O ESQUECEMENTO!

Información sobre o acto no seguinte enlace da AELG:

http://www.aelg.org/GetActivityById.do?id=309

 

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut