Skip to Content

Actividades curso 2013-2014

Día de Rosalía de Castro no IES Álvaro Cunqueiro

DÍA DE ROSALÍA NO IES ÁLVARO CUNQUEIRO

Alumnos e alumnas de ESO do noso centro, dirixidos polos profesores Celso Parada e Xaime Estévez, homenaxearon, no salón de actos, a Rosalía de Castro o día 24 de febreiro, co gallo do aniversario do seu nacemento.

Con este acto, no que foron recitados varios poemas da autora acompañados de instrumentos musicais, o instituto quixo sumarse á celebración deste día promovida pola “Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega”

VIDEO DA ACTUACIÓN


   
   

ODAIKO Concerto de percusión

ODAIKO

Concerto didáctico de percusión

O  pasado 17 de febreiro, o departamento de música, organizou esta saída didáctica ao auditorio Nova Galicia Banco para 3º de ESO. Alí, os alumnos e alumnas poideron disfrutar dun concerto que mostrou as posibilidades da percusión nun contexto diferente, pois ademáis de escoitar, tamén poideron comprobar exemplos de percusión corporal e percusión con instrumentos non convencionais.

O profesor de música, Xaime Estévez, considera que o simple feito de asistir a un concerto no auditorio pode considerarse unha boa práctica cultural, que achegue ós alumnos á outro tipo de eventos distintos ós que acostuman a frecuentar.

 

Saída á Fundación Telefónica

 

 FUNDACIÓN TELEFÓNICA

O pasado 7 de febreiro, algúns alumnos de 1º de Bacharelato foron á sede de Telefónica para participar no programa “Think big schools”.

A actividade foi proposta polo departamento de Filosofía, Economía e Tecnoloxía,

Previamente, no instituto, pensaran unha idea para resolver un problema social ou tecnolóxico. Na sede de telefónica lles axudaron a facer esa idea realidade; estudaron a súa viabilidade e a presentaron a través dunha páxina web que crearon alí.

As ideas foron valoradas de forma positiva polos técnicos de telefónica, propoñendo aos alumnos seguir traballando no proxecto e presentar o mesmo no concurso

OS OBXECTIVOS TRABALLADOS

  • Experimentar o seu potencial creativo.

  • Evaluar ideas e a súa viabilidade

  • Desenrolar unha páxina web

  • Aprender a comunicar ideas

  • Fomentar a participación e o traballo en equipo


 

 

 

Saída a Depuradora EDAR "RIO LAGARES"

 

SAÍDA A DEPURADORA EDAR "RÍO LAGARES"

O martes, 21 de xaneiro, o departamento de Bioloxía e Xeoloxía, organizou unha visita para os  alumnos de 1º de Bacharelato A e C, a depurador EDAR "Río Lagares".

Acompañados polas profesoras Margarita Niño e Emma García, visitaron a planta depuradora de augas do Río Lagares coa finalidade de coñecer de cerca como sanea as súas augas residuais a cidade de Vigo.

Ao inicio da visita tiveron unha charla, de media hora, onde recibiron nocións xenéricas do seu esquema de funcionamento, os pasos da depuración da auga para poder botala ao mar, as razóns do seu cheiro característico ...etc.
Tras esta charla fixéronse dúas actividades distintas:
- Visualización práctica, a pequena escala, da actuación dos "fangos".
- Visita guiada pola zona de fangos da planta depuradora.

A planta depuradora está, nestos momentos, en proceso de ampliación, polo que foi imposible poder visitala na súa totalidade. Esperemos que en próximas visitas esté rematada e pódase visitala en pleno rendemento.


Visita a Santiago

Visita histórica e institucional a Santiago

2 de decembro do 2013

2º Bacharelato Arte e Filosofía

Os alumnos/as de Hª da Arte e Filosofía do dereito, acompañados polas profesoras, Susana García e Carmen Padilla, visitaron en Santiago de Compostela a catedral e a sede do parlamento Galego. O obxectivo desta visita foi coñecer de preto as características do Románico e do Barroco, e acercar aos alumnos e alumnas as Institucións Políticas da Comunidade.

Entraron na cidade como pelegrins, polo camiño francés e visitaron as prazas e monumentos máis carasterísticos, ata chegar á catedral. Contemplaron Compostela dende as cubertas e saludaron ao Mestre Mateo.

Despois iniciaronse no debate político no Parlamento Galego.

Aquí podedes ver un video da visita:


IV MOSTRA VIVA DE INSTRUMENTOS MUSICAIS 2013

VENRES 22 DE NOVEMBRO DENDE AS 10,30 ATA AS 14,10.

Organizada polo departamento de Música

Preséntovos aos protagonistas, estudantes de música que compartiron cos seus compañeiros o seu talento nalgún instrumento musical.

Como os grandes artísticas aquí os tedes ensaiando

O alumnado do centro disfrutou dun día adicado a música, puidendo apreciar o son de diversos instrumentos da música agrupados pola súa utilización principal.

IV MOSTRA VIVA DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

 

VENRES 22 DE NOVEMBRO DENDE AS 10,30 ATA AS 14,10.

Organizada polo departamento de Música


 

 

Os nosos alumnos poideron apreciar o son de diversos instrumentos da música agrupados pola súa utilización principal sendo moitos deles tocados por instrumentistas no momento de producirse a visita. Tamén darlle a oportunidade os estudiantes de música de compartir cós seus compañeiros o seu esforzo e talento na dedicación a algún instrumento musical. 

O instrumentos musicais dividiranse en catro grupos ven diferenciados:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Saida a FARO DE VIGO

 

VISITA A FARO DE VIGO


O día 30 de outubro, os alumnos de 2º da ESO A e B e os de 3º PDC visitaron as instalacións de Faro de Vigo en Chapela. Acompañáronos os profesores José Luis Álvarez e Beogña Davila.

Na visita guiada fixéronlles un percorrido polos diferentes departamentos do xornal: redacción, maquetación, produción e impresión. Explicáronlles todas as fases de elaboración e distribución do xornal, dende que crea a noticia ata que chega ás mans do lector.

A historia do xornal, decano da prensa española, espertou o interese dos alumnos. Na hemeroteca, accesible dende a edición dixital, consultaron o primeiro número do xornal (hai 160 anos) e as portadas da publicación en datas importantes da historia recente do país. Pero o que máis lles impresionou foi a sala onde se encontra a rotativa do xornal, capaz de imprimir 30 000 exemplares por hora.

 

Dia das bibliotecas 2013

 

 

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas Escolares. Por coincidir co día da folga trasladamos a nosa tradicional actividade "Coñece a túa biblioteca" ao venres 25.

Co gallo desta celebración decorouse a entrada, así como os pasillos do IES, con libros colgados de fios imaxinarios, carteis feitos polo alumnado..etc.

Como todos os anos o alumnado de 1º de ESO baixou a coñecer o funcionamento da súa biblioteca, sendo agasallado con doces. Trala visita, cubriron unha breve enquisa sobre os seus gustos lectores e o que esperaban da súa biblioteca. 

 

Corto "Los libros voladores"

 

VISITA DO ALCALDE AO NOSO CENTRO

 

VISITA DO ALCALDE AO NOSO CENTRO

 

“O Alcalde amosa a súa satisfacción pola elección do noso centro para a apertura do curso escolar”

 O martes tivo lugar no salón de actos a inauguración do curso académico coa participación do alcalde Abel Caballero e do concelleiro de educación Santos Héctor Rodriguez e a representante das ANPA. O alcalde resaltou o labor e implicación da comunidade educativa do noso centro e alentou aos estudantes a traballar arreo para conseguir unha boa formación.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut