Skip to Content

Actividades curso 2018-2019

Viaxe Londres 2019


A excursión de fin de curso, por segundo ano consecutivo, de 4º ESO foi a LONDRES, dende o 15 ata o 19 de xuño. Aquí tedes un pequeno resumo das actividades realizadas durante eses días.

 

 

Acto de entrega do premio no concurso de carteis Letras Galegas 2019


   

Olimpíada matemática 2ESO 2019

A cita foi o xoves 25 de abril, no IES do Castro en Vigo. Aquí tedes aos protagonistas: Diana Cea, Hugo Justel, Belén del Solar, Claudia Carvajal, Gael Suárez, Celia Martín, Lucas Pallares, Xiana Rodríguez, Roi Ramos, Sara Álvarez e Carlos Cubas.

Canguro matemático 2019

O xoves 21 de marzo, un grupo de alumnos/as de 1º, 2º e 3º ESO participou no XXVI concurso Canguro Matemático, organizado pola Asociación homónima.

Día mundial do consumidor 2019

Un ano máis conmemoramos o 15 de marzo. No ano 1962, o presidente dos EE.UU., Jonh F. Kennedy, pronunciou o discurso onde recoñeceu ao consumidor como elemento fundamental do proceso produtivo.

Dende o IES Álvaro Cunqueiro, aproveitamos esta data para recordarvos a necesidade de practicar un consumo responsable: reciclando, reutilizando, reducindo e recuperando.

Este ano, queremos unirnos tamén aos #Friday For Future, movemento contra o cambio climático liderado, principalmente, polos máis novos, que seguen o camiño iniciado por Greta Thunberg, a estudante sueca que en decembro do ano pasado, no Cumio sobre o Clima, celebrado en Polonia pronunciou un breve, pero efectivo discurso.

Deixamos aquí un xogo que vos axudará a coñecer como se clasifican os refugallos e o lixo para a reciclaxe. Preme na bandeira verde para comezar.

 

 

 

 

Distribuir contido