Skip to Content

Regueifas 2019

 

Un ano máis, o pasado venres 15 de febreiro acudimos a Valadares para participar no Certame de Regueifas que organiza o Concello de Vigo.

Dúas das nosas compañeiras chegaron á finalísima, unha disputa de moitísimo nivel entre catro mozas. A participación, como en edicións anteriores, foi moi alta, reuníndose no escenario arredor de 120 regueifeiras/os de moitos institutos vigueses. 
Queremos dar as grazas a todo o alumnado participante, que logrou poñer o nome do Álvaro Cunqueiro no máis alto. Ah, por certo! Que rica estaba a rosca que papamos por chegarmos á final


page | by Dr. Radut