Skip to Content

Club de lectura "Manga"

     
O Club de lectura de Manga do IES Álvaro Cunqueiro organizou o 3º Salón de Manga no salón de actos do instituto. Por primeira vez, contouse coa participación dos clubs de manga do IES Alexandre Bóveda de Vigo e IES A Paralaia de Moaña.

O progama do Salón de Manga incluíu diversas ponencias:
-Como organizar un club manga: obxectivos e actividades.
- Introducción ao “cosplay”.
- Reseña do traballo dos mítícos estudios Ghibli de animación.
- Organizar e elaborar unha revista manga propia ofrecido por Iago Araújo, profesor de debuxo da academia “Clases de Cómic” (Vigo) que, un ano máis, axudounos no evento de xeito desinteresado.

Finalizamos o Salón de Manga cunha degustación de Sushi.
 
   O seguinte obxectivo dos membros dos tres club de lectura manga será elaborar unha revista propia, da que xa vos iremos informando e estades invitados a participar. Tendes máis información no penel do club manga ou na biblioteca do centro.

Asemade, aproveitamos a ocasión para invitarvos a visitar o blog do club manga (http://zasshinootaku.blogspot.com.es/) e invitarvos a colaborar en todas as nosas actividades
     
Reportaxe fotográfica

 

 



story | by Dr. Radut