Skip to Content

Visita a Valença do Minho

O pasado 17 de marzo, quinta feira (esta denominación dos días da semana que se usa en portugués tamén existe en galego) o alumnado de Portugués  de 1º de ESO-B visitou o Museo Municipal de Valença do Minho.

Alí explicáronnos cando e por que fixeron as súas murallas, que tamén visitamos. A finalidade era defensiva e data da etapa na que Portugal se converte en reino independente(1140). Con posterioridade, e baixo as ordes de enxeñeiros militares franceses, amplíanse e modifícanse construíndo os baluarte en forma de cuña, que caracterizan a nova fortaleza. A reforma débese ás necesidades de defensa do reino, unha vez que conseguen  a independencia da coroa española. De 1580 a 1640 Portugal coñeceu un período no que foi gobernada por reis castelans, o primeiro deles Felipe II, denominado alí como Filipe I. Malia os avatares políticos, a guía do museo insistía en que na vida cotiá, e durante séculos, a convivencia entre a poboación dun e outro lado do río Miño era boa, os portugueses ían a Tiu a comprar, a pasear... e o mesmo á inversa

 
   
 
 


story | by Dr. Radut