Skip to Content

Actividades curso 2015-2016

Fai da protección da natureza a túa profesión

     
     
 

Rocío Gómez, membro da Escola de Inxeniería Técnica Forestal, impartíu o luns 25 unha charla dirixida ao alumnado de 2º de bacharelato co propósito de dar a coñecer os estudos de Forestais do campus de Pontevedra e tamén de motivalos para participar no "I Concurso anual intercentros de Enxeñaría Forestal".

 

              

 

O obxecto deste concurso é promover o estudo do entorno natural máis próximo aos estudantes de bacharelato da comunidade autónoma de de Galicia e suxerir proxectos de intervención ou mellora nos espacios naturais cercanos aos participantes. Escola promovería aqueles proxectos de interese para facelos realidade.

 
     
 

 

 

 

Visita ás salinas romanas do Areal (SALINAE)

     
   
     
 

 Moi recomendable a visita guiada que realizamos cun grupo de 2º de Bacharelato á “Salinae”.


Sen saír de Vigo, nos sotos do Centro de Saúde de Rosalía de Castro, a 7 metros de profundidade,  atópase a salina romana e outros restos que explican o nacemento e desenvolvemento da industria salineira romana en Vigo e o aproveitamento dos recursos pesqueiros alá polos séculos I-III d.C.


Antes de acceder á salina, unha excelente contextualización do mundo da romanización por parte do director do museo así como un  interesantísimo percorrido polo mundo do sal: a súa historia, usos, referencias aos sabores, olores, o garum (salsa feita con sal e restos de peixes) e mesmo á cociña daquel momento, con degustación de pratos incluída e algunha receita .

 
     
 

 

 

 

Visita ao Parlamento de Galicia e á Catedral de Santiago

 

O alumnado de Hª da Arte e Filosofía do Dereito, acompañado polas profesoras Susana García e Carmen Padilla, visitou na cidade de Santiago de Compostela a Catedral e o Parlamento Galego.

O obxectivo desta visita foi dobre: coñecer as características do Románico e o Barroco nun contacto directo cos monumentos e as prazas da cidade e tomar contacto coas institucións políticas da nosa comunidade. No Parlamento de Galicia tiveron a oportunidade de debater no hemiciclo sobre temas como o desemprego xuvenil, o fracaso escolar e a situación das mulleres en Galicia.

  

 

 Reportaxe da visita.

 

 

CESTA NADAL

CESTA DE NADAL

 

 

Nº PREMIADO

140

Salón UNITOUR 2015

       
   

 

 

Os alumnos de 2º de bacharelato acudiron ao Salón Unitour celebrado o día 15 de decembro no Auditorio Mar de Vigo para coñecer as ofertas e saídas profesionais de 32 institucións públicas e privadas, entre outras as da Universidade de Vigo e Santiago.

 

 Reportaxe fotográfica

  

 
     
   
   

Té con Kant

 

O alumnado de 2º de bacharelato asistiu á representación  teatral TÉ CON KANT

 

 

Tivo lugar no Auditorio municipal de Vigo e estivo organizada polo departamento de Filosofía.

   

 

Unha creación escénica na que Johanna Gottfried e Theodora Kraus, dúas mulleres ilustradas chegadas á nosa época nunha viaxe no tempo desde Prusia do s. XVIII, tentarán exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de promover a reflexión e acción da cidadanía ao redor da problemática social e moral nos nosos días, a partires das ideas do seu amigo o filósofo Inmanel Kant.

   
       
 

 

 Ver aquí reportaxe fotográfica

 

 

 

 

Somos quen de deter a violencia de xénero.

     
     
 

O mércores 25 de novembro de 2015 conmemorouse o Día contra a violencia de xénero. O profesorado deste centro traballou os quince días anteriores co alumnado de 4º da ESO de forma xenérica o tema, e en EPV  realización diversos traballos coa temática “SOMOS QUEN DE DETER A VIOLENCIA DE XÉNERO”.

 

O grupo máis comprometido foi o de 4º PDC, que ademáis da realización dun poster (exposto polo Concello na entrada do MARCO), analizaron a linguaxe relacionada coa temática e realizaron un xogo de rol no que tiveron que porse nunha situación propia da violencia de xénero das súas idades, cuns perfils diferentes aos propios, analizando cada paso dado.

  

A conmemoración rematou cunha saída proposta polo Concello baixo o eslogan: “ENLAZA VIGO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2015”. Nesta saída o alumnado puido realizar as seguintes actividades:
-Visita á exposición dos traballos do alumnado dos diferentes Centros implicados.
-Visita á exposición itinerante “VIOLENCIA SEXUAL NA XUVENTUDE”.
-Photocall.
-Coreografías de música salsa.
-Coreografías de break-dance.
-Xogos circenses.


O acto rematou coa lectura dun manifesto por parte do alcalde contra a Violencia de xénero, a creación dun TAPIZ HUMANO, e a dedicación dun minuto de silencio ás víctimas da violencia machista.

 
 

 

 

 

 

VI Mostra Viva de instrumentos musicais

 
       
     
       

Participa e desfruta con nós o vindeiro luns na sexta edición da

MOSTRA VIVA DE INSTRUMENTOS  MUSICAIS 

  

   Esperámoste !!    
       
 

 

 

   

Visita á Escola de Enxeñería de Minas

     
 

Con motivo da Semana da Ciencia, o grupo de Tecnoloxía Industrial de 1º de Bacharelato  asistiu o luns 16 de Novembro a uns obradoiros na Escola de Enxeñería de Minas. Á nosa chegada fomos recibidos polo director da Escola  e o rector da Universidade de Vigo, que acudiu para inaugurar a Semana da Ciencia.

 

 

Comezamos cun obradoiro de Termografía, a práctica consistiu nunha termografía de grupo e continuamos con outros sobre explosivos, materiais, medicións láser de topografía, etc.

Tamén nos explicaron os graos que se imparten na Escola e as saídas profesionais que teñen. Tanto alumnos como profesores regresamos moi satisfeitos da visita; tamén  nos fixeron un agasallo como recordo.

 

 
      
 

 

 

 

 

Achégate á Ciencia

         
    

Que mellor xeito de mostrar que en galego tamén se pode facer ciencia que demostralo con feitos. A lingua de noso non é traba ningunha para aventuras espaciais, para investigar, para achegarse á tecnoloxía, á medicina, á ciencia...


O alumnado de Tecnoloxía industrial  e T.I.C. de 1º de bacharelato xunto co 4º Eso PDC asistiu o 12 de novembro á presentación do proxecto “Letra con Ciencia” , programa de actividades que ten por obxectivo achegar a ciencia á cidadanía.


O alumnado estivo acompañado polas profesoras de Tecnoloxía Rosa Amboage e Teresa Crespo.

 
         
         
Distribuir contido


by Dr. Radut