Té con Kant
O alumnado de 2º de bacharelato asistiu á representación teatral TÉ CON KANT
Tivo lugar no Auditorio municipal de Vigo e estivo organizada polo departamento de Filosofía. |
Unha creación escénica na que Johanna Gottfried e Theodora Kraus, dúas mulleres ilustradas chegadas á nosa época nunha viaxe no tempo desde Prusia do s. XVIII, tentarán exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de promover a reflexión e acción da cidadanía ao redor da problemática social e moral nos nosos días, a partires das ideas do seu amigo o filósofo Inmanel Kant. |
|||||
Ver aquí reportaxe fotográfica
|