Skip to Content

Deportes, Música, Radio patio, Taboleiro, Concurso de Problemas de Lóxica e Inxenio, Materias Pendentes, Horarios e Profesorado por Grupos, Exemplo de probas de diagnóstico, Novas, AGRA SOLIDARIO, AgraCorrespondentes 3.0, Enquisa GeoMove, CALENDARIO, AGRA EN GALEGO, A TRADICIÓN PESQUEIRA, PLAN PROXECTA, RAICES 365

O IES AGRA DE RAÍCES, NOVA SEDE PARA AS PROBAS DELF

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria, resolveu autorizar a celebración das probas de nivel B1 e A2 de lingua francesa emitido polo Goberno Francés no IES Agra de Raíces de Cee.  Máis información sobre o DELF

QUE É CORRESPONDENTES XUVENÍS?

Os correspondentes xuvenís somos mozos e mozas, estudantes, no noso caso de 4º de ESO e Bacharelato que, apoiados polo profesorado participante, encargámonos de informar aos demais compañeiros das convocatorias, concursos, actividades, carnés xuvenís, recursos e actividades que poidan ser do seu interese.

No noso centro hai un taboleiro Correpondente que está no corredor de entrada á cafetería, parade a ler cando pasedes. E ademais temos un blog no que engadimos novidades e cousas que poden ser da vosa interese!!!

Logo de Correspondentes xuvenís, plan proxecta.

 Taboleiro Correspondente.

AgraCorrespondentes en Manzaneda.

Calendarios de probas de Materias Pendentes.

A continuación podedes ver os calendarios das probas de pendentes que se celebrarán ao longo do curso.

Insistimos na importacia de superar as materias pedentes para poder desenvolver mellor a aprendizaxe do curso actual.

Concurso de Problemas de Lóxica e Enxeño

CONCURSO DE PROBLEMAS DE  LÓXICA  E ENXEÑO

 

 O  departamento de matemáticas do “IES Agra de Raíces” quere animar a todo o alumnado e persoal do centro a participar nun concurso anual de resolución de problemas, onde ademais de mostrar un dominio dos conceptos básicos da materia será preciso ter certa dose de lóxica e inxenio para resolver os problemas.

 Neste curso volvemos a participar  de forma conxunta e en colaboración  co  instituto IES  Vecindario de Gran Canaria, de xeito que alternaremos problemas propostos polo noso centro con problemas propostos polo IES  Vecindario.

 

Estableceranse tres categorías ou niveis:

                - Categoría A:  alumnado de 1º e 2º da ESO

              - Categoría B:  alumnado de 3º e 4º da ESO

             - Categoría C:  alumnado de 1º , 2º de Bacharelato, Ciclo Formativo e Persoal do centro.

 

Cada 15 días, colgarase nesta WEB o un problema para cada a categoría A e a categoría B, que o alumnado terá que resolver e facer chegar o departamento de matemáticas dentro do prazo establecido. Na resolución dos problemas (onde se deberá indicar curso, grupo e nome e apelidos) valorarase a explicación e creatividade do procedemento seguido para a resolución dos problemas así como a orde  e limpeza do mesmo.

Para a categoría C, colgaremos nesta WEB  unha folla de cálculo con 50 imaxes que o alumnado terá que asociar con un matemático ou matemática. Esta folla de cálculo será descargada, e unha vez resolta (total ou parcialmente) farase chegar ao departamento. VER FICHEIRO(folla de cálculo)

 

Ao término do concurso o alumnado con mellor puntuación recibirá un pequeno agasallo como recoñecemento á súa participación

 

 

Ver Problema 1        Ver  Solución        Ver  Resultados Provisionais 

Ver Problema 2        Ver Solución2      Ver Resultados Provisionais 

Ver  Problema 3          Ver Solución3        Ver Resultados Provisionais

 Ver Problema 4          Ver  Solución4         Ver Resultados Provisionais

Ver Problema 5           Ver  Solución 5       Ver Resultados Provisionais

    Ver Problema 6          Ver  Solución 6         Ver Resultados Provisionais 

  Ver Problema 7           Ver  Solución 7        Ver Resultados Provisionais

    Ver Problema 8             Ver   Solución 8        Ver Resultados Provisionais

        Ver Problema 9                                         Ver   Resultados Provisionais

Ver Problema 10          Ver Solución 10        Ver Resultados Provisionais

Ver Problema FINAL        Ver Solución Problema Final    Ver Resultados Finais

 

     Unha vez rematado o concurso de problemas de lóxica do curso 2018/19, o departamento de matemáticas quere felicitar a todos/as alumnos/as que participaron no mesmo, e en breve se porá en contacto con tres primeiros/as clasificados/as de cada nivel para facerlles chegar un pequeno agasallo.

 

Enquisa sobre a biblioteca escolar

Cubre a enquisa na seguinte ligazón:  Enquisa

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRADO MEDIO E GRADO SUPERIOR

Todo aquel alumnado que estea interesado en matricularse nas probas de acceso a ciclos formativos de grado medio ou grado superior de cara ao vindeiro curso 2015/16  pode consultar toda a información na seguinte ligazón: "Probas de Acceso a ciclo"

Distribuir contido


by Dr. Radut