Skip to Content

Datas comezo curso 2020-21

O comezo do curso escolar 2020-2021 organizarase este ano de maneira progresiva. Os días de incorporación ás clases por cursos son os seguintes:

23 de setembro: 1º ESO, 2º ESO, 1º Bacharelato e 1º ciclo CAE.

24 de setembro: 3º ESO e 2º Bacharelato.

25 de setembro: 4º ESO.

En todos os casos, desde o primeiro día asignado a cada curso (este incluído), manterase a xornada lectiva completa.

ENTRADAS:

Alumnado que viaxe en transporte escolar: 8.25h.

Alumnado que non empregue o transporte escolar: 8.35h.

ENTRADAS LUNS POLA TARDE:

Alumnado que viaxe en transporte escolar: 16.25h.

Alumnado que non empregue o transporte escolar: 16.35h.

SAÍDAS:

Alumnado que viaxe en transporte escolar: 13.55h.

Alumnado que non empregue o transporte escolar: 14h.

SAÍDAS LUNS POLA TARDE:

Alumnado que viaxe en transporte escolar: 18h.

Alumnado que non empregue o transporte escolar: 18.05h.

Durante os primeiros días de clase, é posible que a cafetería permaneza pechada. Polo tanto, ata a reanudación da súa actividade habitual, recoméndase que o alumnado traia da casa os alimentos que vaia consumir durante os recreos.


     Podedes atopar nos seguintes adxuntos as MEDIDAS DE PREVENCIÓN DA TRANSMISIÓN DA COVID-19 que é imprescindible cumprir pola seguridade de toda a comunidade educativa do centro, así como a ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA que o alumnado ha de realizar no fogar antes da incorporación ao centro e a DECLARACIÓN RESPONSABLE que as familias asinarán a comezos de curso en relación coas medidas de actuación adoptadas polo Ministerio de Sanidade e a Consellería de Educación. 

       Pola súa parte, podedes acceder desde as seguintes ligazóns ao Protocolo de adaptación do centro ao contexto da COVID-19, ao Programa de acollida que se desenvolverá durante as primeiras semanas do curso e ao Plan de continxencia que manexaremos en caso de ter que acudir nalgún momento do curso ao ensino non presencial.

AdxuntoTamaño
Programa de acollida (2).pdf434.91 KB
DeclaracionResponsable.pdf49.18 KB
Enquisa de autoavaliación clínica do COVID.pdf270.31 KB
PlAN DE CONTINXENCIA.pdf179.16 KB
PLAN DE ADAPTACIÓN DA SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020 DEF.pdf997.48 KB


blog | by Dr. Radut