MATRÍCULA ESO E BACHARELATO XUÑO CURSO 20-21
O prazo da matrícula ordinaria comeza o día 1 de xullo e remata o día 10 de xullo. Para evitar aglomeracións, pregamos que se siga o seguinte calendario en horario de 09:30 a 13:30 horas:
- 1 de xullo: 1º ESO
- 2 e 3 de xullo: 1º BACH
- 6 de xullo: 2º BACH
- 7 de xullo: 4º ESO
- 8 de xullo: 2º ESO
- 9 e 10 de xullo: 3º ESO
O alumnado que pode matricularse é aquel que promociona ou titula, a pesar de ter materias suspensas na avaliación final ordinaria.
Asimesmo, haberá que entregar a seguinte documentación xunto co formulario da matrícula na administración do centro:
- CERTIFICACIÓN ACADÉMICA (ALUMNOS/AS DOUTROS CENTROS)
- FOTOCOPIA DO DNI DO ALUMNO/A E DOS PAIS/NAIS
- FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA
- SEGURO ESCOLAR 1,20 € (ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO EXENTOS)
- 4 FOTOS TAMAÑO CARNÉ
- Impreso de Autorizacións debidamente cuberto e asinado.
Deixamos como documentos adxuntos os impresos de matrícula que poderán ser descargados e cubertos.
O acceso ao centro educativo deberá realizarse cumprindo as medidas de hixiene estipuladas: uso obrigatorio da máscara, uso obrigatorio do xel hridroalcohólico e mantemento da distancia mínima de seguridade de 1,5 metros.
Nota: As familias do alumnado de 1º e 4º ESO que estaba anotado nas excursións que non poideron levarse a cabo por mor da COVID-19, aproveitarán o día da matriculación para pasar por Vicedirección.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Impreso matrícula 4º ESO 20-21.pdf | 247.76 KB |
Impreso matrícula 1º BACH 20-21.pdf | 311.54 KB |
Impreso matrícula 1º ESO 20-21.pdf | 276.86 KB |
Impreso matrícula 2º BACH 20-21.pdf | 167.78 KB |
Impreso matrícula 2º ESO 20-21.pdf | 451.48 KB |
Impreso matrícula 3º ESO 20-21.pdf | 341.65 KB |
autorizacionimaxe e saídas2021.pdf | 83.57 KB |