Skip to Content

VIAXE DE INTERCAMBIO DE FRANCÉS COS ALUMNOS DE REDON

 

A semana pasada un grupo de alumnos e alumnas de 3º ESO e 1º Bach. do IES Agra de Raíces de Cee trasladáronse á cidade de Redon, debido a un intercambio que o centro de Cee mantén este curso co Lycée Saint-Sauveur de Redon na Bretaña francesa.  Estiveron do 3 ao 10 de abril, onde ademais de asistir á clase realizaron distintas actividades e saídas que lles permitiu coñecer cidades como Rennes ou Mont-Saint-Michel. A experiencia, que eles consideraron satisfactoria, permitiulles perfeccionar a lingua francesa.

Agora tócalles aos estudantes franceses coñecer Cee. Así pois, durante unha semana recibirán clases, asistirán a charlas e obradoiros e farán un percorrido pola Costa da Morte, ademais, de visitar cidades como Santiago, a Coruña ou Pontevedra.

 Na foto, os alumnos ceenses e bretóns no castelo de Saint-Michel na Bretaña Francesa.

 

 



page | by Dr. Radut