GRADUACIÓN 2021-22CALENDARIO
|
ABAU extraordinaria.Enviado por Secretaría o Mér, 06/22/2022 - 10:32
(as exencións ou redución de aboamento de taxas débese xustificar con orixinal e fotocopia)
É imprescindible ter feito o abono das taxas para a expedición do título de bacharel no momento da matriculación nas ABAU ( categories: )
Entrega de cualificacións finais da Secundaria e extraordinarias de Bacharelato.Enviado por Secretaría o Mar, 06/21/2022 - 14:02
O xoves, día 23 de xuño, a través da aplicación AbalarMóbil, publicaranse ás 14:00 horas as cualificacións da avaliación extraordinaria de 1º e 2º de Bacharelato. O luns, día 27, a través da aplicación AbalarMóbil, publicaranse ás 14:00 horas as cualificacións finais da Educación Secundaria Obrigatoria. A entrega física dos boletíns de cualificacións, tanto da ESO como de Bacharelato, será o luns, día 27, ás 14:15 horas en candasúa titoría. Atención do profesorado: martes, día 28 de 9:00 a 14:00 horas.
Reclamación ás cualificacións extraordinarias do bacharelato:
Reclamación ás cualificacións finais da E.S.O.:
( categories: )
Becas comedor 2022/23Enviado por admin o Ven, 06/17/2022 - 08:52
Publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe de requirimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria para a concesión de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2022/2023. Pódense consultar en:
A listaxe cos requirimentos de emenda de documentación, identificarán as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro de entrada da solicitude inicial e ao número de expediente asignado e se referirá á acreditación do cumprimento de requisitos do apartado 6 e documentación do apartado 10 da convocatoria (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente terase por desistida a solicitude); así como da corrección da documentación xustificativa doutras circunstancias a valorar distintas da situación económica da unidade familiar do apartado 11 (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente NON se terá por desistida a petición).
O prazo para a presentación da documentación requirida é do 14 ao 28 de xuño, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. ( categories: )
Exames extraordinarios de pendentes.Enviado por Secretaría o Mér, 06/08/2022 - 13:32
Publicadas as datas dos exames extraordinarios de pendentes da ESO. Ver aquí. ( categories: )
Entrega de cualificacións E.S.O. e Bacharelato.Enviado por Secretaría o Mér, 06/08/2022 - 13:11
O mércores, día 8 de xuño, a través da aplicación AbalarMóbil, publicaranse ás 22:00 horas as cualificacións da 3ª avaliación da ESO e a Ordinaria de Bacharelato. Entrega física dos boletíns de cualificacións o xoves, día 9 de xuño, na hora de clase da titora ou titor. En caso de non ter clase con ela/el entregaranse no recreo.
Reclamación ás cualificacións ordinarias do bacharelato:
( categories: )
Convocatoria extraordinaria de Bacharelato.Enviado por Secretaría o Mar, 06/07/2022 - 08:40
Horario dos exames da convocatoria extraordinaria de 1º e 2º de Bacharelato. Ver aquí ( categories: )
Premios extraordinarios da E.S.O.Enviado por Secretaría o Mar, 05/31/2022 - 11:11
Orde do 23 de maio de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021-2022. Ver aquí Código de procedemento: ED311D Remate do prazo: 30/06/2022 Información da convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Fondo libros 2022-23.Enviado por Secretaría o Mér, 05/18/2022 - 16:08
Publicada a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 22 de xuño de 2022.
Acceso á aplicación Acceso á Orde. Acceso aos formularios: Anexo I Anexo II
Documentación a presentar:
Comprobación de datos . Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo I e achegar unha copia dos documentos.
( categories: )
![]() |
REVISTA ESCOLAR
Iniciar sesión |