Becas e axudas

Distribución de máscaras entre o alumnado matriculado na E.S.O.

Enviado por Secretaría o Lun, 11/16/2020 - 15:09

Estimadas familias.

No DOG nº 230,  de data 13 de novembro, publicouse a a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, secudaria e especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e e centros privados concertados no curso 2020/21.

O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles contados a partir da data de publicación e están exentas de presentar solicitude aquelas familias que resultaron beneficiarias da axuda de material escolar.

A documentación a presentar é a que segue:

Anexos I e II desta Orde

Copia do libro de familia

(En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor)

( categories: )

Becas comedor 2021-22.

Enviado por Secretaría o Mar, 03/30/2021 - 11:28
 
Achégase información enviada polo Concello de A Coruña en relación coas bolsas comedor municipais para o curso 2021-22.
 
Convocatoria Bolsas Comedor Municipais curso 2021-2022

30 de marzo de 2021

Co rogo da súa difusión:

Hoxe 30 de marzo de 2021 publicáronse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña as bases para a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2021-2022.

O prazo para a presentación de solicitudes será do 5 ao 30 de abril, ambos incluídos.

Os impresos facilitaranse nas oficinas dos rexistros municipais e estarán tamén dispoñibles na sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es).

A solicitude específica e os anexos, debidamente cubertos e asinados, e o resto de documentación exixida na convocatoria poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Todos os listados (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas…) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.

NOTA: Este ano, entre outros requisitos para acceder á bolsa, o/a alumno/a solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido. Naqueles casos que por imposibilidade legal non dispoñan de ningún dos documentos anteriores, poderán presentar unha instancia no rexistro solicitando a cobertura do gasto de comedor con outro recurso, que será valorado polos equipos técnicos especializados

Atentamente,

Bolsa comedor

( categories: )

Becas comedor 2021-22.

Enviado por Secretaría o Mar, 03/30/2021 - 11:27
 
Distribuir contido