Inglés

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Enviado por admin o Mar, 03/17/2020 - 09:57

Ola a tod@s:

Durante a suspensión das clases presenciais, teredes información de contidos e tarefas nos seguintes espazos:

  • no espazo Abalar,
  • nas aulas virtuais (1ºA , 1ºB, 1ºE e 1ºF de Bacharelato e todos os 2º de Bacharelato). Os grupos que dispoñan de aulas virtuais, principalmente 1º e 2º Bach, terán que ir entregando as distintas tarefas encomendadas dentro do prazo marcado. É moi importante que intentedes seguir unha rutina de traballo, para poder voltar as aulas co menor dano posible.
  • na páxina web da profesora Ángeles Conde. (2º ESO, 4º ESO, 1º BAC C e 1º BAC D). Nesta páxina atoparedes as tarefas (organizadas en sesións de traballo) que deberedes facer estes días. Cómpre que anotedes as actividades realizadas nun dossier que se entregará á profesora cando se reanuden as clases. Tedes información máis detallada na propia web.
  • en 3º ESO, aquí:

Recomendamos tamén visitar a páxina de Oxford University Press para máis actividades.

 

Irá saíndo mais información puntual a medida que a situación o requira.

Moito ánimo a tod@s!!!!!!

 

( categories: )

DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Enviado por admin o Dom, 09/15/2019 - 12:02

 


DEPARTAMENTO INGLÉS

      Información                Tarefas        Present. Powerpoint 
 Traballos alumnos       Ligazóns útiles          Convocatorias    

 O Instituto Adormideras e un centro plurilingüe onde se imparten nunha lingua estranxeira áreas ou materias non lingüísticas, cun máximo dun terzo do horario lectivo, e dirixido a todo o alumnado do nivel educativo obxecto do programa. No noso centro imparténse as areas de relixión, física e quimica ciencias e TIC nos grupos da ESO.
O centro tamén quere reforzar no seu alumnado a aprendizaxe do inglés coa existencia duhna nova  sección bilingües (CLIL) en 1º BACHARELO na area de arte.

 

Os alumnos poden acceder a información sobre contidos mínimos , libros de texto e  sobre as materias pendentes, poden controlar os seus portfolios  no apartado información e nas ligazóns útiles teñen enlaces a páxinas con exercicios para practicar a materia.

Nas convocatorias anúncianse axudas aos alumnos  para a realización de cursos.

Fruto do traballo dun seminario permanente realizado nos cursos pasado polos membros deste departamento son as presentacións en powerpoint que utilizamos para a presentación de estructuras e vocabulario nas nosas aulas. As dividimos por niveis para que os nosos alumnos poidan localizalas e utilizalas na presentación da materia.


LIBRO

As tarefas que os alumnos teñen que realizar e as guías para realizar as distintas actividades o preparar as probas atópanse no apartado de tarefas. E as actividades útiles realizadas polos alumnos as podemos atopar nos traballos dos alumnos.

 

 

( categories: )
Distribuir contido