Skip to Content
 

 

   

 

 

Exames

Exames finais de 2º de Bacharelato 2023-24

Publicado o calendario final de exames de 2º de Bacharelato.

Ver aquí

Premios extraordinarios de Bacharelato.

 

 

Con data de hoxe ábrese o prazo para a inscripción nos premios extraordinarios de bacharelato.

Prazo de presentación: do 29 de abril ao 28 de maio.

Acceso á folla resumo aquí.

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

 

Acreditación das competencias dixitais do alumnado.

Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

 

Competencia dixital do alumnado

 

O Marco Galego de Competencias Dixitais establece 5 grandes áreas de dominio e 21 competencias

  1. Información e datos
  2. Comunicación e colaboración
  3. Creación e contido dixital
  4. Seguridade e privacidade
  5. Contorna dixital e solución de problemas

Certificación ComDix

  • Certificación do nivel que ten unha persoa para utilizar as tecnoloxías dixitais.
  • A partir de que idade se obtén? A partir dos 16 anos.
  • Como se obtén? Validación, proba.
  • Caducidade. 5 anos. No prazo de 6 meses, novas probas de certificación.

Niveis de aptitude:

    • Iniciación. Alumnado que obteña o título da ESO
    • Intermedio. 
      • Alumnado matriculado 4º ESO + Proba específica que acredita competencias dixitais de nivel intermedio.
      • Alumnado que obteña o título de Bacharelato. Acredita áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 co nivel intermedio
      • Alumnado matriculado en 2º Bacharelato + Proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio

 

Solicitude e inscrición nas probas específicas

 

Data e lugar de realización das probas

      • Proba específica que acredita competencias dixtais de nivel intermedio
        • Maio.
        • Duración máxima: 90 minutos
        • 60 preguntas (12 por cada área de dominio)
        • Para superar a proba é preciso responder correctamente ao 70% das preguntas. Mínimo 60% respostas correctas en cada área.
      • Proba específica que acredita área de dominio 4 de nivel intermedio
        • Abril.
        • Duración máxima: 20 minutos
        • 12 preguntas
        • Para superar a proba é preciso responder correctamente ao 60% das preguntas.

Desenvolveranse no centro educativo na data e hora establecidas segundo dispoñibilidade.

2º parcial de pendentes.

Publicadas as datas do segundo parcial de pendentes. Ver aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut