Fondo libros 2022-23.

Enviado por Secretaría o Mér, 05/18/2022 - 16:08

     Publicada a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.

     Prazo de presentación de solicitudes: ata o 22 de xuño de 2022.

 

     Acceso á aplicación      

     Acceso á Orde.

     Acceso aos formularios: Anexo I   Anexo II

 

     Documentación a presentar:

 

  • Solicitude (Anexo I)
  • Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumno e demais membros computables da unidade familiar.
  • En casos de separación ou divorcio, sentenza xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia da/o menor.
  • Poderase acreditar, excepcionalmente, o número de membros computables da unidade familiar do seguinte xeito:
                            • Certificado ou volante de convivencia.
                            • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado de discapacidade do/a alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola administración autonómica.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria de potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acxreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que a nai, pai ou a/o titora ou titor legal carezan de DNI ou NIE.

     Comprobación de datos .

     Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo I e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI ou NIE da persoa solicitante.
  • DNI ou NIE da persoa representante.

 

AdxuntoTamaño
Orde fondo libros.pdf1.11 MB
Anexo I.pdf1.54 MB
Anexo II.pdf990.25 KB
( categories: )