Organización

Probas Clasificación curso 24/25

Información para matricularse nestas probas. Preme nos elementos interactivos.

Organización do Curso 23/24

ADAPTACIÓN DE PROBAS: No caso de discapacidade, de non telo feito no momento da matrícula ou en cursos anteriores, deberá facelo coa maior brevidade posible e, en todo caso, antes do 29/09. Ler máis info.

REASIGNACIÓN DE NIVEL. Ao longo do mes de setembro e durante a primeira semana do mes de outubro, as escolas poderán realizar modificacións na adscrición inicial do alumnado. Ler máis info

CAMBIOS DE GRUPO: Cando o alumnado o precise. Prema AQUÍ para ver as instrucións.

RENUNCIA Á MATRÍCULA: Ata o 23 de abril. A renuncia por primeira vez non computará para os efectos de permanencia no curso e nivel. As posteriores, si se terán en conta, agás casos excepcionais.

AVALIACIÓNS: Prema  AQUÍ.

BIBLIOTECA. Como participar

Alumnado Oficial Organización

XUNTA DE REPRESENTANTES DO ALUMNADO.

Composición e competencias

1. Nas escolas oficiais de idiomas poderá existir unha xunta de representantes integrada polos delegados e delegadas do alumnado oficial matriculado na modalidade presencial dos distintos grupos da escola e, se é o caso, das seccións que lle estean adscritas, e polos representantes do alumnado no consello escolar.

2. A dita xunta estará presidida por un dos seus membros elixido entre os seus compoñentes. A forma de organización dos alumnos na escola será a través da Xunta de Delegados e dos representantes de alumnos no Consello Escolar.

3. É competencia da presidencia da xunta:

  • a) Convocar, presidir e coordinar as reunións que se precisen e responsabilizarse de que se levante a acta correspondente.
  • b) Facer chegar as propostas da xunta aos distintos órganos de dirección ou de coordinación didáctica da escola.

Reunións e Comisións

1. A xunta poderá reunirse en pleno ou, cando a natureza dos problemas o faga máis conveniente, en comisións que reúnan o alumnado delegado dos cursos que se impartan na escola, logo do coñecemento da dirección e sen que isto implique alteración no normal desenvolvemento das actividades docentes.

2. A xefatura de estudos facilitará a dita xunta un espazo adecuado para que poida celebrar as súas reunións.

Eleccións
1. Cada grupo da escola elixirá, por sufraxio directo, secreto e non delegable, no prazo máximo de dous meses desde o inicio do curso escolar, unha persoa delegada de grupo, que formará parte da xunta de representantes do alumnado. Elixirase tamén unha persoa subdelegada, que substituirá a delegada en caso de ausencia ou enfermidade e apoiaraa nas súas funcións.

2. As eleccións de representantes do alumnado, así como a do delegado ou delegada que presidirá a xunta, serán convocadas pola xefatura de estudos, e organizadas por ela en colaboración co profesorado e os representantes do alumnado no consello escolar.

3. A designación de alumnado delegado e subdelegado e delegado-presidente poderá ser revogada, logo do informe razoado dirixido ao docente que corresponda, pola maioría absoluta do alumnado do grupo que os elixiu. Neste caso, procederase á convocatoria de novas eleccións nun prazo de quince días e de acordo co establecido no número anterior .

A xunta de representantes do alumnado terá as seguintes funcións:
a) Elevar ao equipo directivo propostas para a elaboración do proxecto educativo da escola e da programación xeral anual por iniciativa propia ou por petición daquel.

b) Informar os representantes do alumnado no consello escolar dos aspectos do seu interese.

c) Recibir información dos representantes do alumnado no consello escolar sobre os temas tratados nel, e das organizacións estudantís legalmente constituídas.

d) Elaborar informes para o consello escolar por iniciativa propia ou por petición deste.

e) Elaborar propostas de modificación das normas de organización e funcionamento da escola dentro do ámbito da súa competencia.

f) Informar o alumnado da escola das actividades da xunta de representantes do alumnado.

g) Formular propostas á xefatura de estudos para a elaboración dos horarios.

h) Formular propostas á vicedirección para organizar as actividades culturais e de promoción de idiomas.

i) Debater os asuntos que vaia tratar o consello escolar no ámbito da súa competencia e elevar propostas de resolución aos seus representantes nel.
 
5. Cando o solicite, a xunta de representantes do alumnado, en pleno ou en comisión, deberá ser oída polos órganos de goberno da escola nos asuntos que, pola súa índole, requiran a súa audiencia e, especialmente, no que se refire a:

  • a) Celebración de probas.
  • b) Establecemento e desenvolvemento na escola de actividades culturais e de promoción de idiomas.
  • c) Presentación de alegacións e reclamacións nos casos de abandono ou incumprimento das tarefas educativas por parte dalgún membro do equipo docente.

d) Alegacións e reclamacións sobre a obxectividade e eficacia na valoración do rendemento académico do alumnado.
 
O alumnado delegado de grupo terá as seguintes funcións : 

  •   a) Asistir ás reunións da xunta de representantes do alumnado e participar nas súas deliberacións. 
  •   b) Expoñer ás autoridades académicas as suxestións e reclamacións do grupo que representan. .
  •   c)Fomentar a convivencia entre o alumnado do seu grupo.
  •   d) Colaborar co profesorado e co equipo directivo da escola para o bo funcionamento desta..
  •   e) Coidar da adecuada utilización do material e das instalacións da escola.

Os representantes do alumnado non poderán ser sancionados polo exercicio das súas funcións como voceiros dos alumnos e alumnas, nos termos da normativa. 

Distribuir contido