CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: xa non será en setembro. A convocatoria extraordinaria das probas para o alumnado oficial será a partir do 20 de xuño de 2022, a continuación da ordinaria.
PROBAS POR LIBRE: celebraranse non máis tarde do mes de febreiro de 2022. A Secretaría Xeral organizará unha convocatoria para a obtención dos certificados A2, B1, B2 E C1 non máis tarde do mes de febreiro de 2022.
(Modificacións introducidas pola Resolución do 17 de xuño de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e FP)
Curso 2021/22
Importante: Para aprobar o curso, terán que superarse todas as actividades de lingua, tanto en promoción, como en certificación. As notas da 1ª avaliación terán carácter unicamente orientador.
A realización das probas non coincidirá necesariamente cos días e horarios das clases.