Información

THAT'S ENGLISH - Inglés oficial e Proba VIA curso 2024-25

  (inglés oficial)

COMEZO DAS CLASES

As titorías de That's comezarán o luns 30 de setembro na EOI de Ourense. As aulas onde se impartirán as clases presenciais de cada nivel están indicadas no taboleiro de That's (ao lado dos ordenadores no vestíbulo) aparte da sección na web da EOI (That's English EOI). Nos CAT de O Barco, Viana e Verín publicaránse cando se confirmen.

DATA DA PROBA DE NIVEL PRESENCIAL (VIA)

A proba de nivel para acceder (VIA) "Valoración inicial do alumno" de carácter presencial terá lugar o vindeiro mércores 25 de setembro as 17:30 horas. Constará de parte escrita e parte oral e será preciso anotarse previamente contactando ca Secretaría da EOI en eoi.ourense@thatsenglish.com (é gratuita). A duración máxima aproximada será de 2 horas (se se acada o nivel C1).

PROBA DE NIVEL PRESENCIAL (VIA)

Durante o periodo de matrícula (2 setembro a 31 outubro) seguirá aberta a posibilidade de facer a proba VIA online para acceder a calquer curso/nivel do seguinte xeito: primeiro facendo a parte escrita  "online" a través da plataforma de That´s: Proba VIA de nivel de inglés | That's English! e logo de rematala axendando unha cita para facer a entrevista oral (na Escola) co profesorado en eoi.ourense@thatsenglish.com.

A parte escrita da proba online da VIA non é suficiente para acceder ó nivel, é obrigatorio facer a parte oral co profesorado desta EOI.

THAT'S ENGLISH - Matrícula SETEMBRO

Prazo de matrícula aberto (do 2 setembro ao 30 de outubro). Pode acceder á matrícula na seguinte ligazón:
Curso de inglés online oficial y homologado | That's English! (thatsenglish.com)

Prazo de proba de nivel (VIA) aberto (do 2 setembro ao 30 de outubro). Pode acceder á proba na seguinte ligazón:
Prueba VIA de nivel de inglés | That's English! (thatsenglish.com)

Para máis información ou solventar dúbidas: eoi.ourense@thatsenglish.com Telf. directo: 988 366 245
Persoalmente na EOI: luns a venres, de 8:00 a 14:00 h (tardes previa cita).

Se queres saber mais do programa oficial de That's pode descargar un resumo aquí:

 INFO THAT'S CURSO 2024-2025

 TITORÍAS THAT'S EOI OURENSE

MATRÍCULA THAT'S ENGLISH!

prazo para matricularse en inglés polo programa oficial de That's English! para o curso 2024-2025 será do 2 de setembro ao 30 de outubro (as súas clases na EOI comenzarán a mediados de setembro). 
Durante este periodo estará aberta tamén a posibilidade de facer una proba de nivel (V.I.A) gratuíta e voluntaria para acceder a un nivel superior ao básico. 
Para facer calquera consulta escribe a infothatsenglish@gmail.com  xa que a secretaría de That's English! permanecerá pechada ata a última semana de agosto.
Consulta aquí os horarios dos grupos de clase segundo o nivel na EOI (Os horarios de clase en Verín, O Barco e Viana publicaranse en setembro na sección de That's English!, na columna á dereita desta páxina).
 

That's English: Información

Están a programarse as datas dos exames de certificación, se estás matriculado nalgún outro idioma na Escola Oficial de Idiomas alén de inglés por That's English, podes porte en contacto con esta Secretaría para tratar de evitar coincidencias se é posible e poidades presentarvos a todos. Hai un prazo de dez días naturais para elo.

That's English

  • Son cursos totalmente oficiais e equivalentes aos presenciais.
  • Coa matrícula entrégase todo o material didáctico necesario para seguir o curso, así como acceso á plataforma online na que se poden atopar todos os materiais dixitalizados.
  • Tamén conta cunha titoría voluntaria presencial semanal.

That's English Exames curso 23/24.

RECUPERACIÓNS E EXAMES ORDINARIA e EXTRAORDINARIA

   EOI OURENSE*

         O BARCO  
        VERÍN          VIANA    

*ÚLTIMA ACTUALIZACIÓN DO CALENDARIO EOI OURENSE: 26/04/2024

Prégase ao alumnado que uns días antes das datas de exames comproben se estas puideron sufrir variacións de última hora, de día, hora ou aula.

Información sobre módulos e exames

PROGRAMA DE EDUCACIÓN A DISTANCIA THAT’S ENGLISH!  https://www.thatsenglish.com

O departamento de inglés ofrece a modalidade a distancia a través do That’s English. O alumnado seguirá o curso en liña ou por TVE e recibirá dous libros de texto e as claves da plataforma do programa That’s English con todos os contidos en formato dixital: audio, vídeo, libros en pdf, exercicios, dicionarios e outros recursos. No material do nivel A2 hai ademais do anterior un libro de vocabulario e gramática.
O alumnado poderá asistir a unha sesión presencial de titoría semanal de 90 minutos para a práctica da expresión oral e a resolución de dúbidas. A titoría presencial poderá complementarse con titorías telemáticas en Cisco Webex.

As ensinanzas do programa organízanse en 12 módulos segundo o seguinte esquema:
NIVEL A2        Primeiro curso: módulos A2.1 e A2.2
                    Segundo curso: módulos A2.3 e A2.4
NIVEL B1      Módulos B1.1 e B1.2
NIVEL B2        Primeiro curso: módulos B2.1 e B2.2
                     Segundo curso: módulos B2.3 e B2.4
NIVEL C1      Módulos C1.1 e C1.2

Cada módulo corresponde a un cuadrimestre a final do cal haberá una proba que determinará se o módulo está superado.

AVALIACIÓN

Os exames para os módulos impares realizaranse a principios de xaneiro. Os dos módulos básico A2.2 e intermedio B2.2 serán a mediados de maio. Antes dos exames de maio,  haberá  recuperacións dos módulos impares. De igual xeito, haberá unha convocatoria extraordinaria  no mes de xuño na que se realizarán exames correspondentes a todos os módulos.

Ao remate dos módulos A2.4, B1.2,  B2.4 e C1.2   o alumnado deberá superar as probas terminais de certificación dos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1 respectivamente. Estas probas son unificadas para todo o alumnado que curse ensinanzas de idiomas de réxime especial, independentemente da modalidade (presencial ou a distancia) cursada.  Avaliaranse 5 actividades de lingua: lectura e comprensión, redacción, escoita e comprensión, mediación escrita e oral e produción e coprodución oral. Estas probas se realizarán nos meses de maio e xuño en convocatoria ordinaria, e no mes de xuño, en convocatoria extraordinaria, nas datas establecidas pola Consellería de Educación.

En decembro hai recuperacións dos módulos A2.2 e B2.2 para o alumnado repetidor co módulo pendente matriculado no curso seguinte, que debe superar este módulo nesta convocatoria para poder presentarse ao módulo superior.

O alumnado en posesión do título de Bacharel e que cursara inglés como primeira lingua estranxeira, poderá acceder directamente ao nivel intermedio B1. Tamén existe a posibilidade de realizar unha proba de clasificación, chamada proba VIA, a cal permitirá acceder a calquera dos seis cursos, dependendo do nivel amosado na citada proba. Terá lugar en setembro. A proba de clasificación ordinaria de lingua inglesa realizada nas EEOOII  de Galicia terá a mesma consideración que a proba VIA.

O alumnado tamén poderá realizar a proba VIA en liña.

O alumnado matriculado no programa That’s English poderá matricularse na modalidade presencial o curso seguinte se así o desexa e se houbera prazas dispoñibles.

Distribuir contido