Oferta: Alemán, Chinés, Español para estranxeiros, Francés, Galego, Inglés, Italiano e Portugués. ¿Queres aprender ou perfeccionar un idioma?

AVISO IMPORTANTE.

ATENCIÓN:

Os grupos de B2, C1 e monográficos de PORTUGUÉS non terán clases ata novo aviso. Permañezan atentos a esta páxina.

Concurso: Elección de Logo

Concurso para elexir un logo para o noso proxecto acreditado

2023-1-ES01-KA121-ADU000120322 Erasmus +.

 LER AS BASES DO CONCURSO

Prazo ampliado. Anímate!! Premio vale de 200 euros.

Dpto alemán: Actividade.

O departamento de alemán organiza o vindeiro martes 19 de marzo na cociña da escola unha tarde de actividades relacionadas con "Ostern". Anímate a participar!

Dpto Francés: Actividade.

O departamento de francés organiza un CONCIERTO o luns 8 de abril no salón de actos da escola protagonizado polo grupo EN3JAZZ.

Mobilidade en Italia.

PROXECTOS EUROPEOS ERASMUS +: DIARIO DA ESTANCIA.

Compartimos convosco este DIARIO da alumna Asunción Lorenzo Domínguez que está a realizar unha estancia de larga duración en Padua (Italia) desde o 8 de febreiro hasta o 25 de maio de 2024, enmarcada no proxecto acreditado Erasmus 2023-1-ES01-KA121_ADU-000120322. O diario irase actualizando durante toda a estancia.

EDLG: Concurso de carteis.

CONCURSO DE CARTEIS PARA CONMEMORAR O 8M

O EDLG, en colaboración co CIFP A Farixa, convoca este concurso. O contido deberá transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade, promovendo a igualdade entre mulleres e homes. É moi importante ler atentamente e respetar as bases do concurso, ás que se accede a través do código QR. Data límite: 15 de marzo .   Os carteis enviaranse a: edlg.eoiou@gmail.com. O cartel gañador en cada centro será premiado cun vale de 50 euros. Aberto a toda a comunidade educativa de ambos centros. Ver bases e código QR

Do 04 ao 15 de marzo estará nos corredores da EOI a exposición "As mulleres que nos levaron á Lúa", que nos cedeu a organización eXXperimenta en feminino, formada por profesoras das carreiras STEM do Campus de Ourense da UVIGO. Ver cartel. Pódese consultar máis información sobre esta iniciativa  AQUÍ.

EOI na radio. Family Learning

DIFUSIÓN DOS PROXECTOS EUROPEOS ERASMUS +

Entrevista aos docentes Carmen Rodríguez, Alicia de Río e Peile Lin (28-02-2024)

MONOGRÁFICOS.

 MONOGRÁFICOS 2º CUADRIMESTRE. Oferta de cursos

Comezo de clases a partir do 29 de xaneiro. Ver datas concretas nesta táboa.

Organización do Curso 23/24

ADAPTACIÓN DE PROBAS: No caso de discapacidade, de non telo feito no momento da matrícula ou en cursos anteriores, deberá facelo coa maior brevidade posible e, en todo caso, antes do 29/09. Ler máis info.

REASIGNACIÓN DE NIVEL. Ao longo do mes de setembro e durante a primeira semana do mes de outubro, as escolas poderán realizar modificacións na adscrición inicial do alumnado. Ler máis info

CAMBIOS DE GRUPO: Cando o alumnado o precise. Prema AQUÍ para ver as instrucións.

RENUNCIA Á MATRÍCULA: Ata o 23 de abril. A renuncia por primeira vez non computará para os efectos de permanencia no curso e nivel. As posteriores, si se terán en conta, agás casos excepcionais.

AVALIACIÓNS: Prema  AQUÍ.

BIBLIOTECA. Como participar

Distribuir contido