Información sobre módulos e exames

PROGRAMA DE EDUCACIÓN A DISTANCIA THAT’S ENGLISH!  https://www.thatsenglish.com

O departamento de inglés ofrece a modalidade a distancia a través do That’s English. O alumnado seguirá o curso en liña ou por TVE e recibirá dous libros de texto e as claves da plataforma do programa That’s English con todos os contidos en formato dixital: audio, vídeo, libros en pdf, exercicios, dicionarios e outros recursos. No material do nivel A2 hai ademais do anterior un libro de vocabulario e gramática.
O alumnado poderá asistir a unha sesión presencial de titoría semanal de 90 minutos para a práctica da expresión oral e a resolución de dúbidas. A titoría presencial poderá complementarse con titorías telemáticas en Cisco Webex.

As ensinanzas do programa organízanse en 12 módulos segundo o seguinte esquema:
NIVEL A2        Primeiro curso: módulos A2.1 e A2.2
                    Segundo curso: módulos A2.3 e A2.4
NIVEL B1      Módulos B1.1 e B1.2
NIVEL B2        Primeiro curso: módulos B2.1 e B2.2
                     Segundo curso: módulos B2.3 e B2.4
NIVEL C1      Módulos C1.1 e C1.2

Cada módulo corresponde a un cuadrimestre a final do cal haberá una proba que determinará se o módulo está superado.

AVALIACIÓN

Os exames para os módulos impares realizaranse a principios de xaneiro. Os dos módulos básico A2.2 e intermedio B2.2 serán a mediados de maio. Antes dos exames de maio,  haberá  recuperacións dos módulos impares. De igual xeito, haberá unha convocatoria extraordinaria  no mes de xuño na que se realizarán exames correspondentes a todos os módulos.

Ao remate dos módulos A2.4, B1.2,  B2.4 e C1.2   o alumnado deberá superar as probas terminais de certificación dos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1 respectivamente. Estas probas son unificadas para todo o alumnado que curse ensinanzas de idiomas de réxime especial, independentemente da modalidade (presencial ou a distancia) cursada.  Avaliaranse 5 actividades de lingua: lectura e comprensión, redacción, escoita e comprensión, mediación escrita e oral e produción e coprodución oral. Estas probas se realizarán nos meses de maio e xuño en convocatoria ordinaria, e no mes de xuño, en convocatoria extraordinaria, nas datas establecidas pola Consellería de Educación.

En decembro hai recuperacións dos módulos A2.2 e B2.2 para o alumnado repetidor co módulo pendente matriculado no curso seguinte, que debe superar este módulo nesta convocatoria para poder presentarse ao módulo superior.

O alumnado en posesión do título de Bacharel e que cursara inglés como primeira lingua estranxeira, poderá acceder directamente ao nivel intermedio B1. Tamén existe a posibilidade de realizar unha proba de clasificación, chamada proba VIA, a cal permitirá acceder a calquera dos seis cursos, dependendo do nivel amosado na citada proba. Terá lugar en setembro. A proba de clasificación ordinaria de lingua inglesa realizada nas EEOOII  de Galicia terá a mesma consideración que a proba VIA.

O alumnado tamén poderá realizar a proba VIA en liña.

O alumnado matriculado no programa That’s English poderá matricularse na modalidade presencial o curso seguinte se así o desexa e se houbera prazas dispoñibles.