Usuarios rexistrados: Acceso

Estatutos da AEXA EOI Coruña

 

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN DE ALUMNOS E EX-ALUMNOS DA EOI CORUÑA

 

 

 

CAPÍTULO I:
DA ASOCIACION EN XERAL

Artigo 1º.

1.- Coa denominación de Asociación de Alumnos e Ex-Alumnos da EOI Coruña (AEXA) constituese unha asociación sen ánimo de lucro.

2.- A Asociación rexerase polos estatutos vixentes e pola ley orgánica 1/2002, do 22 de Marzo, e pola demáis lexislación actual existente en materia de Asociacións que lle sexan aplicables.

 

Artigo 2º.

O domicilio principal e permanente da Asociación radica na localidade de A Coruña, rúa Pepin Rivero, s/n. Poderán ser creados locais noutras cidades perante acordo da Xunta directiva, que terá atribucións para cambiar tanto o domicilio permanente, como o dos locais dando conta do seu acordo á Consellería adicada a este fin.

 

Artigo 3º.

A Asociación, en función dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Comunidade Autónoma.

 

Artigo 4º.
1. - A Asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estos estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asamblea Xeral Extraordinaria e por causas previstas na lexislación vixente.

 

2. - A Asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da constitución e o resto do ordenamento xurídico.

 

Artigo 5º.

1. - Son fins principais da Asociación.

  1. A formación permanente dos seus membros

  2. A promoción cultural

  3. A promoción profesional

  4. A promoción educativa

  5. A promoción lingüistica

 

2. - Para levar a cabo as súas funcións, a Asociación poderá organizar as seguintes actividades.

  • Educativas

  • Deportivas

  • Culturais de diversos tipos: proxeccións de videos, audicións, actividades musicais, conferencias, charlas de divulgación, actividades en fomento do teatro, visita a museos, proxeccións de patrimonio artístico, organizacións de exposicions e, en xeral, cantas actividades culturais se podan desenrrolar.

  • Viaxes culturais, intercambios culturais e fomento das relacións de Galiza con outros países. Organización de cursos monográficos, e intercambios de estudantes, creación dun boletín e dunha páxina web de difusión cultural, organización de cursillos de lingua e literatura estranxeiras, organización de xornadas gastronómicas.

  • Manter un ficheiro cos datos dos seus afiliados, e unha bolsa de traballo con ofertas que ata a Asociación poidan chegar.

  • Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras entidades nin personas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

 

CAPÍTULO II.
DOS ASOCIADOS

Artigo 6º.

 1. - Poderán ser integrantes da Asociación todas aquelas persoas físicas con plena capacidade de obrar, e as persoas xuridicas que non teñan débedas pendentes coa Asociación e que reúnan os seguintes requisitos:

 

a. Ser alumnos ou antigos alumnos da Escola Oficial de Idiomas da Coruña

b. Ser antigos alumnos de calquera Escola Oficial de Idiomas.

c. Estar matrculado en calquera Escola Oficial de Idiomas polo menos un ano.

 

2. - Poderán ser integrantes da Asociación na sua sección xuvenil, os menores non emancipados de máis de 14 anos con consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban suplir a sua capacidade.

 

3. - Para formalizar a admisión deberán cubrir os formularios, pagar as cotas e ter o visto prace do secretario.

 

Artigo 7º.

Dentro da Asocación poderán existir as seguintes clases de asociados:

a. Fundadores: Aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional.

b. Numerarios: Aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.

c. Honorarios: Aquelas persoas que, a xuízo da Asamblea Xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da Asociación.

d. Xuvenís, aquelas personas menores de 18 anos que participen na asociación, que estarán integradas na

 

Artigo 8º.

1. - A condición de asociado perdese:

a. Por vontade propia.

b. Por falta de pagamento da cota anual que se fará no primeiro trimestre do curso escolar.

c. Por incumprimento das suas obrigas, ou a realización de accións que prexudiquen gravemente os intereses da Asociación, logo do expediente disciplinario, con audiencia do interesado.

d. Por falecemento da persoa fisica ou extinción da persoa xurídica.

2. - A expulsión de asociados e asociadas nos supostos dos apartados b) e c) do parágrafo anterior, será acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia do interesado. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asamblea Xeral Extraordinaria e contra a sua resolución poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria.

 

Artigo 9º.

Os asociados teñen os seguintes dereitos.

1 - Participar nas actividades que leve a cabo a Asociación e nos actos sociais que organicen para tódolos socios.

2 – A participar nos organos de goberno e representación, exercer o dereito a voto, así como asistir a Asamblea Xeral, de acordo cos estatutos.

3 - Ser informado da composición dos organos de goberno, a representación da Asociación, do seu estado de contas, e do desenvolvemento da sua actividade.

4 – Ser oido con caracter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el e ser informado dos feitos que dean lugar a ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.

5 - Ter un exemplar destes estatutos e ter coñecemento dos acordos adoptados polos organos directivos.

6 - Ter cooñecemento periodicamente do destino dos fondos da Asociación.

7 - Impugna-los acordos dos organos da Asociación que estime contrarios á lei ou os representantes de esta.

8 – Os asociados fundacionais, de honra e a xunta directiva están extentos do pago das cotas.

 

Artigo 10º.

Son obrigas dos asociados.

  1. Compartir as finalidades da Asociación e colaborar para a sua consecución.

  2. Paga-las cuotas que se establezan, salvo os socios fundadores, de honra e a xunta directiva.

  3. Desempeña-los cargos para os que foron elixidos.

  4. Acatar e cumprir os acordos validamente adaptados polos organos de gobernos e representación da Asociación.

  5. Acata-lo contido dos estatutos

  6. Ter unha boa conducta individual e cívica.

 

CAPÍTULO III.
DOS ORGANOS DA ASOCICIÓN

 

Artigo 11º

A dirección e administración da Asociación da Asociación serán exercidas polo presidente, a xunta directiva e a Asamblea Xeral.

 

Artigo 12º.

1. O presidente da Asociación será designado pola asamblea xeral entre os asociados que teñan un ano de antigüedade e o seu mandato durará 2 anos. Esta antigüedade non será esixible para a elección do primeiro presidente.

2. O presidente terá a seguintes atribucións:

a- Representa-la Asociación perante calquera organismo público ou privado.

b- Convocar e presidir as sesions que celebre a Xunta Directiva; presidir as sesións da Asamblea Xeral; Dirixir as deliberacions dunha e outra.

c- Executa-los acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asamblea Xeral.

d- Ordena-los pagamentos acordados validamente.

e- Asina-las actas, certificados, pagamentos e outros documentos da asociación xunto co secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.

 

O presidente será asistido nas suas funcions polo vicepresidente que, ademais, o sustituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.

 

Artigo 13º

1. A xunta directiva estará formada polo presidente da Asociación, Vicepresidente, Secretario, Tesoureiro e alomenos dous vogais. Cargos que deberán recaer en socios que leven polo menos un ano na Asociación.

2. Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuíta sen prexuizo do dereito a ser reembolsados os gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa asociación, asemade estarán exentos do pago das cotas.

3. A Asamblea Xeral será a competente para elixir os cargos da Xunta directiva. A sua duración será por un periodo de 2 anos, ainda que poden ser obxecto de reeleción indefinidamente. Os cargos da Xunta Directiva se renovarán por metade. Na primeira quenda serán renovados vicepresidente, tesoureiro e a metade dos vogais. E na segunda, ao ano seguinte, o presidente, secretario e a outra metade dos vogais. O persoal de secretaría se o houbese, será nomeado pola Xunta directiva que acordará a súa retribución.

4. Os cargos cesarán na súa función por:

a. Falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica

b. Renuncia voluntaria
c. Transcurso do prazo para o que foron elixidos
d. Acordo de cesamento de toda a Xunta directiva adoptado por 2/3 dos asociados reunidos en Asamblea Xeral extraordinaria convocada para tal efecto.
e. Incumplimento das súas obrigas


A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cesamento automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó dia do sucesor.

Artigo 14º.

A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións

1. Programar e dirixir as actividades asociativas
2. Levala xestión administrativa e económica da Asociación
3. Someter á aprobación da Asamblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.
4. Convocar e fixa-la data da Asamblea Xeral
5. Propoñerlle á Asamblea Xeral a fixación de cotas.
6. Designa-las comisións de traballo que se estimen oportunas,
7. Ditar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asamblea Xeral.
8. Propoñer o plan de actividades da asociación á Asamblea Xeral para a súa aprobación.
9. Resolve-los procedementos disciplinarios que se instrúan.

 

Artigo 15º.

1. - A Xunta Directiva será convocada polo presidente ou o vicepresidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes. Será presidida polo presidente e, na súa ausencia, polo vicepresidente ou secretario por esta orde, e a falta de ambos polo membro da Xunta que teña mais idade.

2. - Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría dos votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, da metade máis un dos seus membros. O secretario, ou no seu defecto, o vicepresidente ou un vogal que o substitúa, levantará acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas.

 

Artigo 16º.

Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades. Formarán parte das ditas comisións o número de asociados que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.

 

Artigo 17º.

A Asamblea Xeral de asociados é o organo de expresión da vontade da Asociación e estará formada polos integrantes desta.

 

Artigo 18º.

A Asamblea Xeral reunirase con caracter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con caracter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso, realizarase por medio de escrito dirixido ó presidente, autorizado coas sinaturas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.

 

Artigo 19º.

A Asamblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente no período que vai desde o mes de xaneiro ata o de xuño. Tanto a Asamblea Ordinaria como a Extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo presidente da Xunta Directiva. A notificación farase nos correos electrónicos e/ou por escrito para as asambleas ordinarias e as extraordinarias.

 

Artigo 20º.

Serán competencias da Asamblea Xeral Ordinaria:

  1. Aprobalo plan de Actividades

  2. Examinar e aproba-las contas e balances do exercicio anterior.

  3. Aproba-los orzamentos de ingresos e gastos de cada exercicio

  4. Exame e aprobación das contas.

 

Artigo 21º.

Serán competencias da Asamblea Xeral Extraordinaria:

  1. Modifica-los estatutos da Asociación

  2. Elixir e cesa-los integrantes da Xunta Directiva.

  3. Aproba-la federeción con outras Asociacións.

  4. Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.

  5. Acorda-la disolución da Asociación.

  6. Designa-los liquidadores

  7. Ratifica-la expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.

  8. Solicita-la declaración de utilidade pública da Asociación.

  9. Aproba-lo regulamento de réxime interno da Asociación.

  10. As que sendo de competencia da asamblea ordinaria, por razons de urxencia, ou necesidade, non poidan agarda-la súa convocatoria.

  11. Tódalas non conferidas expresamente á Asamblea Xeral Ordinaria ou a Xunta Directiva.

 

Artigo 22º.

A Asamblea Xeral quedará validamente constituída sempre que concorran a metade máis un dos asociados na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes, pero, en todo caso, coa presenza do presidente ou vicepresidente, e o secretario ou persoa que o substitía.

 

Artigo 23º.

Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos ós apartados do 1 ó 7, do artigo 21º, que requerirán maioría de dous terzos. A continuación levaranse os acordos ó libro de actas e asinarao o presidente, o secretario da Asamblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asamblea Xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes.

 

Artigo 24º.

Os acordos adoptados conforme ós preceptos anteriores obrigarán a tódolos asociados, inclus ós non asistentes. As sesións abriránse cando así o determine o presidente. Seguidamente procederase por parte do secretario á lectura da acta da asamblea anterior que deberá ser aprobada. Posteriormente, o secretario procederá a presenta-la orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose ó debate e a aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia de que se trate.

 

Artigo 25º.

Os acordos que vaian contra estes estatutos ou infrinxan os fins da asociación poderán ser recorridos en reposición diante da Asamblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria.

 

Artigo 26º.

O Secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro de rexistro de asociados e terá o seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle, asi mesmo, notificar as convocatorias, custodiar as actas e expedir certificacións destas co visto e prace do presidente. O secretario tamén levará o inventario dos bens da asociación nun libro establecido para este efecto. Incumbirá de maneira concreta ao secretario velar polo cumplimento das disposicións legais vixentes en materia de Asociacións. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do secretario, o presidente designará entre os vogais a un que desenvolva esta función.

 

Artigo 27º.

O tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación, dará cumprimento as ordes de pagamento que expida o presidente, levará a contabilidade da Asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador de orzamentos da asociación, así como as contas de resultados e balances. O tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da Asociación nos quince días anteriores a celebración da Asamblea Ordinaria.

 

Artigo 28º.

Os e as vogais terán as seguintes atribucións.

1. Realizar programas/propostas na súa área de actuación.

2. Desempeña-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.

 

CAPÍTULO IV.

RÉXIME ECONÓMICO

Artigo 29º.

A Asociación se constitúe sen patrimonio incial. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural. Funcionará en réxime de oramento anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador será elaborado polo tesoureiro da Asociación, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado na Asamblea Xeral Ordinaria.

 

Artigo 30º.

A Asociación manterase dos seguintes recursos:

a) As cotas periódicas dos asociados

b) As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.

c) Ingresos que se reciban polo desenvolvemento das actividades da Asociación.
d) Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.

 
Artigo 31º.

A Asamblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non serán reintegrables en ningún caso. O recadado dedicarase a atende-las necesidades da Asociación.

 

Artigo 32º.

Anualmente, con referencia ó último día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos asociados, durante un prazo non inferior a quince días ó sinalo para a celebración da Asamblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas.


Artigo 33º.

Para a disposición de fondos das contas que a Asociación ten nas entidades bancarias, será necesaria a sinatura conxunta do presidente, vicepresidente e do tesoureiro.

 

Artigo 34º.

Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os asociados recursos obtidos pola Asociación.

 

CAPÍTULO V.

DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO

 

Artigo 35º.

O funcionamento interno da Asociación estará sometido ó ordenamento xurisdicional civil.

 

CAPÍTULO VI.

 MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

 

Artigo 36º.

Os ditos estatutos so poderán ser modificados por acordo da Asamblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas 2/3 partes dos asociados. A proposta de convocatoria deberá ir acompañada do texto das modificacións propostas.

 

Artigo 37º.

A Aspciación disolverase voluntariamente por acordo dos asociados adoptado polas 2/3 partes dos asistentes á Asamblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto. Acordada a disolución, a Asamblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados liquidadores, que xunto o presidente, o vicepresidente e o tesoureiro, procederán para efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.

 

Artigo 38º.

O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra Asociación non lucrativa que teña iguais ou similares fins que os desta Asociación. O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da Asociación.

 

Na Coruña, a 25 de Xuño do 2013.

 

 

 

AdxuntoTamaño
Estatutos AEXA-pag.1.jpg664.91 KB
Rexistro AEXA.jpg787.13 KB