Taboleiro de novas
QUEN SOMOS
Quen somos: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Somos un grupo de membros da comunidade educativa (profesores, alumnos e PAS) que temos o compromiso de promover a extensión e a diversidade da lingua galega, de desactivar os estigmas e prexuízos sociolingüísticos nun proceso voluntario e participativo ao que calquera pode unirse.
Queremos potenciar o uso do galego mediante a dinamización a través da lectura, escritura e actividades culturais e lúdicas diversas que promovan a oralidade e participación activa.
Se queres participar e asistir ás diversas actividades que organizamos, podes ver toda a información no apartado do web da Escola: http://www.edu.xunta.gal/centros/eoicoruna/ (abaixo á esquerda ENDL/EDLG), e tamén podes estar ao día visitando o no noso taboleiro do vestíbulo da EOI.
E tamén podes facerte amigo noso no perfil do FACEBOOK ou seguir a nosa páxina e recibirás información actualizada sobre eventos relacionados culturais e de lecer en galego: @ENDL da EOI da Coruña
Anímate a formar parte do equipo!
Sempre estamos abertos á participación de calquera membro da comunidade educativa da Escola. Únete ao equipo e mergúllate na lingua e cultura galega e/ou axuda a outros, fai amigos, charla, aprende, ensina, divírtete!
Se queres formar parte e aportar ideas ou facer suxestións, podes deixar unha mensaxe na conserxaría para o EDLG ou contactar connosco a través do enderezo electrónico: endl.corunha@gmail.com
Actualizado curso 2016/17