CURSO 2017-18

BASES DO CONCURSO DE CURTAS: O PRAZO DE ENTREGA DE CURTAS REMATA O 13 DE ABRIL

 

PREMIOS: 

Categoría absoluta

Mellor curta: un curso impartido por Voz Audiovisual valorado en 750€ (outorgado polo Concello da Coruña)
Premio Ben Falado: 350€
Mellor guión: 200€ (outorgado polas escolas de idiomas)

Mellor fotografía: 100€ en material fotográfico (outorgado polo EASD Pablo Picasso)
Mellor reparto: 50€ (outorgado polo FNAC)
Premio do público: libros (outorgado pola Deputación da Coruña)

Categoría xuvenil

Premio “Ben Falado”: lote de libros en galego valorados en 250€, outorgado polo Concello da Coruña.

Primeiro premio 250€  outorgados por Gadis.

Segundo premio 150€ outorgados por Gadis.

Terceiro premio 100€ outorgados por Gadis.

 Categoría infantil

Premio “Ben falado”: lote de libros en galego valorados en 250€, outorgado polo Concello da Coruña.

Tamén se poden consultar na web educativa do Concello da Coruña.

Obradoiro de achegamento práctico á curtametraxe: A inscrición farase a través da web educativa do Concello da Coruña (A través da ficha específica, do 11 ao 21 de decembro de 2017)

30 horas de duración, que se realizará en xaneiro e febrero de 2018 na EOI da Coruña e na aula de informática do Ágora.

- 22 horas teóricas:

- 8 horas prácticas (rodaxe)

O obradoiro é voluntario e gratuito, e poderá inscribirse o alumnado dos centros educativos que participen nas categorías absoluta e xuvenil.

A adxudicación farase pola orde de chegada das inscricións. Y haberá una listaxe de agarda no caso de que haxa máis solicitantes que prazas.

As listaxes de persoas admitidas e de agarda serán publicadas a primeira semana de xaneiro de 2018

Parte teórica: martes e xoves de 20:00 a 21:30h. De 15 de xaneiro a 20 de febreiro de 2018 na EOI.

Parte práctica: 3 sábados de xaneiro e febreiro, de 11:00 a 14:00 h, no aula de informática do Ágora.

Rodaxe: 8 horas, febreiro/marzo de 2018.