Skip to Content

Circulares

Recollida de traballos

Estimadas familias:

Seguindo indicacións para este 3° trimestre, queremos informarvos de que podedes pasar pola escola a recoller os traballos deste curso escolar, de 9:00 h a 13:30 h, nas seguintes quendas:

  • dende o luns 1 de xuño ata o venres 5 de xuño: " Os Tigres" "Os Botóns". 
  • dende o xoves 4: " Os Canguros

Recordase as medidas de protección e acudide á escola con máscara.

Se houbese problemas para recoller o material, chamade o centro en horario de mañana.

Un saúdo

A Dirección

 

A recollida das notas do 3º trimestre e do Xornal Escolar queda aprazada ata primeros do mes de xullo. 

 

Reserva comedor e transporte escolar curso 2020/2021

Estimadas familias:

 

O alumnado que no curso 2020/2021 solicite comedor e/ou transporte escolar, deberá cubrir o seguinte impreso e envialo antes do 25 de maio, o correo da escola:

eei.monte.alba@edu.xunta.es

Proceso de admisión do alumnado

NOVO PRAZO DE RESERVA DE MATRÍCULA

Estimadas Familias:

Ábrese de novo o PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN de alumnado novo, que terá lugar entre o 11 e o 18 de maio, ambos incluídos.

Podedes ver    aquí   as tres formas de presentar a documentación.

Podedes abrir      aquí  o impreso, cubrilo no ordenador e imprimilo (para evitar ir dúas veces ó centro), e entregalo no colexio. Tamén podedes imprimilo e cubrilo a man, e despois entregalo.

Ademais do impreso, tedes que presentar esta documentación:

  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
  • Fotocopia DNI dos pais e do neno/a se o tivera.

MOI IMPORTANTE: polo ben de todos, e para evitar aglomeracións, recomendamos que chamedes ó teléfono do colexio para pedir cita previa: 886 12 02 13  , tamén podedes facelo a través do correo da escola: eei.monte.alba@edu.xunta.es

HORARIO DE SECRETARÍA: DE 09:00 A 11:00

Pregamos o USO DE MÁSCARA  E LUVAS, cando vaiades ó centro, así como o respecto ás normas de distancia  e non acceder ó recinto escolar. É recomendable que só vaia unha persoa, e que NON vaian nenos/as.

Entrega de boletíns

Estimadas familias:

 

Debido ao estado de excepcionalidade que estamos vivindo, o proceso de entrega dos boletíns de avaliación do 2º trimestre, vese modificado.

As mestras da escola, faremos a entrega dos boletíns ás familias e ás alumnas/os antes de que remate o curso escolar en xuño, sempre que o estado de alarma o permita.

Desfrutade das vacacións de Semana Santa, que as tedes merecidas, e a partir do 14 de abril, estade pendentes da páxina web da escola para  vos informar das posibles novidades educativas e para a explicación das tarefas que levaremos a cabo no 3º trimestre.

 

Moito ánimo e esperamos vervos pronto.

 

Un saúdo da dirección e das mestras.

 

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR: COVID-19

Á ATENCIÓN DAS FAMILIAS USUARIAS DE COMEDOR

 

A Xunta acaba de publicar a : Orde do 27 de marzo polo que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás famlias do alumnado beneficiaro de bolsas de comedor escolar nosc entros públicos non universitarios xestioandos por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento ( ED601B).

 

Para facilitar o trámite destas axudas ,que se poden pedir , dendo o 31 de marzo ata o 6 de abril, ambos inclusive, (por vía telemática) , a Dirección deste centro, pon  a disposición das familias un documento explicativo  do proceso dos trámites a seguir:DOCUMENTO

 

 Consultade calquera dúbida a través do correo da escola eei.monte.alba@edu.xunta.es, non utilicedes o teléfono da escola pois non estamos nela.

 

 

 

Novas aclaracións no ámbito educativo

 Nova información referente ao curso escolar 2019 -2020

Pincha na imaxe

 

 

 

 

Cambios na páxina

Ola familias: temos cambios na nosa páxina, cremos que deste xeito estará todo mellor organizado e será máis doado para tod@s.

Se mirades o menú que está á vosa dereita atoparedes: 

1. a sección :ASÍ TRABALLAMOS:  xusto debaixo do calendario

 

 

 

Se pinchades en: O Monte do Alba na Casa, veredes as fotos que nos ides mandando facendo as actividades que vos propoñemos.

 

 

2. a sección : AS NOSAS AULAS: Xusto debaixo da anterior.

aquí temos como novidades:

O departamento de orientación: pinchade e atoparedes as propostas que van subindo dende o departamento.

Aula de relixión: onde ides poder enlazar co blog da profe Merce.

Esperamos que estas novidades sirvan de axuda para tod@s.

 

 

3. en canto o BLOG DA BIBLIOTECA: só tedes que baixar un pouco máis no menú dereito, debaixo da seccións de festas, teatro e xornal escolar.

 pinchade enriba, atoparedes contos, vídeos, cancións..

Distribuir contido


by Dr. Radut