Skip to Content

Circulares

Abalar móvil

Estimadas familias:

 

Tal e como faláramos nas reunións de aula é importante que vos descarguedes a aplicación Abalarmovil.

A través desta aplicación recibiredes información da escola, novas , avisos , modificación dalgunha norma ...

despois de descargada, tedes que configurar os voso móbiles para que vos avisen de calquera notificación.

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/es/uac

 

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

 

 

Inicio do curso escolar

Estimadas familias:

 

Segundo Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección  Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa , o vindeiro Xoves 10 de setembro incorporarase gradualmente o alumnado de :

 

  4º EI  e de 5 ªEI.

 

Para ese día está convocada unha Folga de Profesorado . O centro disporá dos servicios mínimos recollidos na  Ordendo 8 de setembro de 2020  pola que se dictan as normas que determinan os servicios mínimos durante a folga no ámbito de ensino,para atender al alumnado que asista.

O equipo directivo e o personal docente quere agradecer o apoio da Anpa IgrexaValadares-Monte do Alba nestes momentos.

 

A Dirección 

Resumo do protocolo da escola

Estimadas familias:

 

No documento adxunto tedes un resumo das medidas organizativas da escola en relación co Plan de Adaptación ao Covid-19.

O luns nas reunións de grupo falaremos delas.

Un saúdo

 

 

Reunións informativas coas familias

Estimadas familias:

Seguindo as isntruccións da Consellería de Educación, a semana que ven realizaremos as reunións para informar as familias do Plan de Adaptación ao contexto da Covid-19. As reunións celebraranse no patio cuberto , respetado as medidas hixiénico -  sanitarias. O horario de reunións é o seguinte:

4º infantil -------- Luns 7 de setembro  --------------- ás 10:00h.

5º infantil ------- luns 7 de setembro ----------------- ás 12:00h.

6º infantil --------- luns 7 de setembro -------------- ás 16:00h.

 

Para cumprir as medidas sanitarias requiridas, as persoas asistentes deben:

 

1º Asistir unha soa persoa por familia. Deberá acudir con máscara propia, usar xel hidroalcohólico no acceso ao recinto escolar e ao espazo da reunión. No caso de familias separadas permitirase o acceso de ámbalas dúas partes.

2º Entregar asinado o compromiso de auto enquisa Covid-19 que estará publicado na web do centro.

3º Seguir as recomendacións da cartelería  para a circulación e ubicación dentro do centro.

4º  Os espazos estarán ventilados e informarase á empresa de limpeza de devanditas reunións para a súa limpeza e desinfección. 

 

Nota: aquelas familias que teñán problemas co horario asignado o seu grupo de convivencia, poden comunicarse coa escola a través do teléfono 886 120 213 ou no correo electrónico : eei.monte.alba@edu.xunta.es

 

Declaración responsable ( compromiso da realización da autoenquisa clínica Covid 19)

Inicio de curso 2020-2021

Estimadas familias:

 

Desexamos que todo nas vosas casas vaia o mellor posible.

Na escola estamos traballando para poder voltar as aulas no mes de setembro con todas as medidas de protección, prevención e seguridade.

Por favor, estade pendentes da páxina Web do centro, así como da aplicación Abalar móvil ( que no comezará a funcionar ata o día 10 de setembro), aplicación que deberedes descargar no voso móbil, porque vos comunicaremos con todo detalle as medidas que iremos adoptando e todo o que necesitamos que poñades da vosa parte para que a volta a escola se poda facer o mellor posible.

Un saúdo

A dirección 

 

Matrícula curso 2020/2021

Att. familias de novo ingreso:

 

Debido á situación excepcional provocada polo Covid-19, non temos permitido a realización da reunión no mes de xuño,onde falábamos das  orientacións de cara o vindeiro curso, entrega de autorizacións e folla de matrícula.

Polo que vos pedimos que pasedes pola escola a recoller esta documentación dende o venres 26 de xuño en horario de 9:00 a 11:00 h.

Recordade que o período de matrícula remata o 10 de Xullo.

Calquera dúbida podedes poñervos en contacto coa escola en horario de 9:00 a 11:00h.ou a través do correo electrónico:

eei.monte.alba@edu.xunta.es

Un saúdo

A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut