NOVO PRAZO DE RESERVA DE MATRÍCULA
Estimadas Familias:
Ábrese de novo o PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN de alumnado novo, que terá lugar entre o 11 e o 18 de maio, ambos incluídos.
Podedes ver aquí as tres formas de presentar a documentación.
Podedes abrir aquí o impreso, cubrilo no ordenador e imprimilo (para evitar ir dúas veces ó centro), e entregalo no colexio. Tamén podedes imprimilo e cubrilo a man, e despois entregalo.
Ademais do impreso, tedes que presentar esta documentación:
- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
- Fotocopia DNI dos pais e do neno/a se o tivera.
MOI IMPORTANTE: polo ben de todos, e para evitar aglomeracións, recomendamos que chamedes ó teléfono do colexio para pedir cita previa: 886 12 02 13 , tamén podedes facelo a través do correo da escola: eei.monte.alba@edu.xunta.es
HORARIO DE SECRETARÍA: DE 09:00 A 11:00
Pregamos o USO DE MÁSCARA E LUVAS, cando vaiades ó centro, así como o respecto ás normas de distancia e non acceder ó recinto escolar. É recomendable que só vaia unha persoa, e que NON vaian nenos/as.