Ed. Física

Máis ideas

Aquí vos deixo outra remesa de propstas que seguramente sexan factibles en tódolos fogares:

-Con corda ou similar, aprender a saltar de modo individual ou "a comba". Tamén se pode simular ser ondas do mar, unha serpe...

-No colchón da cama facer saltos, simulacións de loitas, rebotes... sempre con moito coidado e sen esaxerar os movementos.

-Busca formas: Propoñemos unha forma e deben atopar cousas na casa que se correspondan traéndonolas a onde estemos ou simplemente voltando e contándonos onde a viron. Por exemplo, rectángulo e traer unha caixa de zapatos.

-Tobogán: se temos unhas escaleiras podemos pegar cartóns nunha metade dos escalons facendo que se poida subir por un lado e baixar polos cartóns coma un tobogán. Mais fácil e se temos unha tabla ou porta que podemos apoiar e faría a mesma función.

-Follas de xornais: podemos saltar de un a outro e conseguir chegar a algun punto sinalada, o mesmo só con dous, poñendo un para saltar en riba e collendo o que nos queda atrás e así sucesivamente.

Se temos algo máis de espazo podemos correr e conseguir que se quede pegado no peito sen usar as mans, facer batallas de bolas a ver quen consigue ter menos no seu campo cando remate un tempo prefixado...

Saudos e ánimo ,Javier.

Calquera cousa contactade comigo na aula virtual ou no correo javiersaavedra@edu.xunta.es

Ideas para exercitarse cos nen@s na casa durante a cuarentena.

IDEAS PARA EXERCITARSE E XOGAR C@S NEN@S NA CASA DURANTE A CUARENTENA

 

Nestes días e moi importante manternos activos físicamente pola nosa saúde e se pode ser, pasandoo ben tamén.

Estaría ben establecer unhas rutinas, por exemplo , estiramentos ou algo de ioga (se non sabemos hai varios tutoriais en internet específicos para nen@s ) pola mañán  xuntos despois de almorzar e xogos a media tarde por exemplo.

Partimos en principio de espazos reducidos, se dispoñemos de xardín ou garaxe as posibilidades amplíanse pero partiremos da situación mínima dun piso.

O primeiro exercicio é mover mesas e cadeiras ou o que encontremos para ter máis espazo, despois podemos facer alguna destas actividades:

-Se dispoñemos de pc ou tele con internet podemos poñer unha canción que lle guste e seguir a sua coreografía (Cantajuegos en Youtube por exemplo), se a ten, ou inventarnos unha.

-Con obstáculos caseiros coma caixas , mesas, almofadas ou o que se nos ocurra xogar a manter o o equilibrio en diferentes posicións, en movemento, con música, levando un obxeto….

-O escondite pode ser moi divertido (depende moito de espazo e nalgunhas casas non sería posible)

-Xogo das estatuas: moverse ou bailar e ,cando se diga ,quedarse inmóviles a ver quen aguanta mais ou durante un tempo predeterminado.

-O espello: alguén fai movementos e o resto teñen que imitalo o mellor posible, logo cambianse os papeis.

-Obstáculos: podemos encher o pasillo de cousas que teñen que sortear ata chegar a outra habitación , por exemplo, da cociña ó baño pasando polo pasillo que estará cheo de Cadeiras, cordas cruzadas, unha vasoira tumbada,caixas para saltar….

-Guerra de almofadas:  con cojins ou almofadas simular unha pelexa pero de broma, sempre foi moi divertido.

-Escondite inglés: Na zona mais ampla da casa , non é de moito exercicio pero si nos mantén activos e entretidos.

-Voley con globos:  simular unha rede cunha cinta ou o pau da fregona entre dous sofás ou simplemente facer golpeos.

-Semi fútbol: Cunha bola de papel albal ou de periódico envolto con cinta simular pases, tiros , partidiño…

-O terminar algo de relaxación (música tranquila ou imaxinar que nos desiflamos coma un globo) e indispensable hixiene lavando mans e cara ou ducha .

Un saúdo e moito ánimo, Javier .

Benvidos a área de EF

 

 

Espero que vos resulte interesante a asignatura.

Distribuir contido