Raxo

Recomendacións para esta semana.

QUE ACTIVIDADES MANIPULATIVAS PODEDES FACER NESTA SEMANA?

LECTOESCRITURA:

- Lede e contádelles máis: imaxes, contos, revistas, cómics, receitas, catálogos, xornais,... Podedes facer lecturas silenciosas poñendo música relaxante de fondo.

-Traballar co protagonista do conto: co seu nome, as letras que ten, as palmadas, inventarlle un novo título, un novo final, xogar coas palabras do título,...

- XOGAR e empregar as letras do meu nome e dos nomes das persoas da familia para construir novas palabras.

- Recortar letras de revistas, xornais e compoñer os nomes da nosa familia.

-Busca en revistas ou xornais as letras do teu nome e rodéas.

EXPRESIÓN ORAL:

- Fala moito e comparte cos teus o que che gusta facer, o teu conto preferido.

- Escoita e canta cancións e contos.

- Xoga o "vexo-vexo".

- Xoga coa lingua e a boca, por exemplo axúdate dos exercicios orais motores https://www.youtube.com/watch?

LÓXICO-MATEMÁTICA:

- Conta no calendario o día no que te atopas como cando facemos as rutinas do encargado.

- Xoga coa túa familia a xogos de mesa: cartas, dominó, a oca,...

-Agrupa obxectos iguais, intenta facer decenas.

- Fai conteos: de utensilios de cociña, de alimentos, de pinzas da roupa,...

CIENCIA E COCIÑA:

-Escolle un exeperimento ( por exemplo leite de cores) que che guste para facer coa túa familia e elabora un listado dos materiais que precisas, prepara o material e intenta adiantar o que crees que vai pasar, realiza o experimento e contrasta o resultado co que pensabas ti e fai un debuxo da experiencia.

-Observa as árbores pola fiestra e fíxate nas súas cores, se teñen follas, ...

-Buscade unha receita ou podes colaborar para preparar a merenda, a comida como por exemplo: bater un ovo.

ARTE:

-Debuxa a ti mesmo, a túa familia, solo a túa cara,... con diversos materiais ( témpera e pincel, rotuladores, ...)

-Canta e baila.

-Crea con materiais de refugallo que teñas pola casa.

- Recorta revistas, catálogos,... e realiza collages.

 

MOTRICIDADE:

- Salta coma os canguros, as rás,...

- Fai colares con macarróns.

- Xoga á mímica coa túa familia.

 

- Ioga para nenos/as. ( el cuento de las mariposas youtube)

ARCO DA VELLA

déixovos o enlace do video do arco da vella.

 

 

Distribuir contido

Revista escolar

Biblioteca Cra de Teo - Aido

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031