Caheiras EP
poesia
Unha cerdeiriña
botouse a voar
co cuco, co pombo
e co paspallas.
Voaron moi alto
no medio do ceo
por entre o sol de ouro
e a flor de romeo.
Sentiron a sede
no medio do voo
e tomaron zume
de cereixa en flor.
Cando xa era noite
fóronse deitar
á cama de vento
con sabas de mar.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7