MÚSICA

17/03/2020 11:56

Dende a área de Educación musical queremos propoñer distintas actividades para que os nenos e nenas disfruten coa música nestes días de premanencia en casa.

- Debuxar as emocións que lles suxiren diferentes tipos de música. (Podedes reproducir os distintos movementos da obra "El Carnaval de los animales" de Camille Saint Saëns).

- Aproveitando esta mesma obra os nenos/as poderán representar aos distintos animais que aparecen en ela, como leóns, tartarugas, elefantes...

- Construir instrumentos musicais con materiais de refugallo.

- Poden aproveitar estes instrumentos, ou simplemente con palmas para seguir o ritmo nos vídeos de You Tube "Pequeño Mozart ritmo" ou "lectura rítmica Mario Bros" para traballar a linguaxe musical.

- Xogar ás estatuas musicais, onde bailan cando soa a música e permanecen sin moverse cando ésta para.

- Inventar coreografías ou seguir as que se propoñen nos vídeos de "Just Dance".

- Facer un karaoke.

- Xogar a frío/quente escondendo un obxecto pola casa e, cun elemento sonoro, reproduciredes sons lentos cando estean lonxe e rápidos cando se vaian acercando.

Polo tanto, poden escoitar música de todo tipo, cantar todos xuntos, tocar instrumentos improvisados e escoller un lugar da casa para poder bailar.

Moita tranquilidade para todos e vémonos pronto!